Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Endometriose

O 14 de marzo celébrase o Día Mundial da Endometriose e as bibliotecas públicas queremos visibilizar esta enfermidade que afecta a 1 de cada 10 mulleres en idade fértil, unhas 60000 mulleres galegas das que unhas 9000 padécena de forma severa.

Así prepararemos unha mostra con obras, folletos ..  para informar sobre esta enfermidade e a saúde das mulleres en xeral.

 

Galego

Día de Rosalía de Castro

Manuel Cadilla  “Maruxo” será este ano o protagonista do recital a Rosalía de Castro. Veciño da nosa localidade, mariñeiro retirado e gran amante e coñecedor da obra e vida de Rosalía de Castro,  ten participado habitualmente nas homenaxes e lembranzas á nai da nosa literatura. Coa súa labor certamente foi gañándose un oco nas homenaxes á Rosalia e o cariño do público que demandaba a súa presenza e un novo recital no que sentir a forza e emoción que fan tan especial as súas intervencións.

Galego

UN LAB_REC E UN CASTING DOS DOBRES.TALLER DE ARTISTA IMPARTIDO POR OLGA MESA E FRANCISCO RUIZ DE INFANTE

UN LAB_REC E UN CASTING DOS DOBRES.TALLER DE ARTISTA IMPARTIDO POR OLGA MESA E FRANCISCO RUIZ DE INFANTE

18 marzo 2023 - 20 marzo 2023

de 10:00 A 14:00 h

Coordinación: Carmen Hermo (CGAC)

Dirección: Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante

Prazas: 20

Matrícula: Gratuíta

 

En LAB_REC o corpo é un soporte narrativo, un corpo, ollo e oído que se articula ao redor de nocións de presenzas e ausencias, do real e do virtual.

Galego

5 Miradoiros

O Concello de Nigrán estreará este mes de Abril o seu propio trail ‘5 Miradoiros’ co obxectivo de fixar no seu calendario deportivo esta proba que fusionará deporte e natureza coas vistas máis espectaculares e descoñecidas do municipio. Este terá lugar o sábado 22 de Abril pola tarde cunha proba de ascensión e escalonada de 3,5 km e saída desde Camos e o domingo 23 pola mañá con tres probas (trail longo, curto e andaina) e saída desde Chandebrito, pasando en todos os casos polas parroquias do interior: Camos, Chandebrito, Priegue e Parada.

Galego

Memoria silente: a pegada de Mariano Tafall.

Este itinerario levaranos por diferentes fitos relacionados coa biografía, a actividade profesional e obra deste organeiro. Para iso, contamos coa colaboración dun dos grandes expertos no tema, o músico, profesor e investigador, Miguel A. López Fariña, así como coa organista Alejandra Escolante, que fará soar un dos poucos órganos que se conservan do construtor, o órgano da capela da Virxe do Portal, do convento de Belvís.
 

Galego

9º Convergências Portugal-Galiza

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema, coloquios, faladoiros e poesía, nun encontro que se realiza simultaneamente en Braga, Ponteareas e Santiago de Compostela.

Programa

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades