Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sentir a arqueoloxía

VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE

“Sentir a arqueoloxía”

12:00h

Edificio Santa María de Europa

Colaboración coa ONCE. Delegación Territorial Galicia

Colaboración coa Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da UVigo. Campus de Ourense

Inscrición e máis información: 988 788 439 / mapour@xunta.es

Galego

Día dos Museos 2023- Visitas especiais: A través do espello da tradición

Museos, sustentabilidade e benestar é o lema elixido para festexar en 2023 o Día Internacional dos Museos (DIM). O Gaiás súmase a esta celebración cun programa de visitas comentadas especiais á exposición Detrás do espello nas que, da man de Miguel Ángel Cajigal, @elbarroquista, descubriremos o traballo coa cultura popular e as comunidades locais de Galicia de sete grandes personalidades internacionais e como estas accións implicaron un mellor coñecemento, e un desenvolvemento sustentable de cara ao futuro, da nosa cultura propia.

Galego

De paseo polo camiño do viño

O Museo do Viño de Galicia e a asociación Viño Activo organizan unha ruta a pé de 14 km polo Ribeiro, de baixa intensidade.

O paseo iniciarase no Museo do Viño de Galicia, continuará o Camiño do Viño cara Lugar de Cuñas, onde se fará unha parada para repoñer forzas.

Na volta, a ruta pasará por viñedos e pola beira do río Avia retomando o camiño cara ao Museo do Viño de Galicia.

Lembre traer roupa e calzado cómodo. Tamén é convinte traer auga e comida.

 

Galego

De paseo polo camiño do viño

O Museo do Viño de Galicia organiza unha ruta a pé de 12 km polo Ribeiro, de baixa intensidade, que parte de Ribadavia e pasa pola Veronza, A Quinza e chega a Santo Andrés, onde se fará unha visita ao Museo do Viño de Galicia. O regreso realizarase por San Cristovo. Os participantes coñecerán a cultura do viño visitando viñedos e monumentos históricos. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, auga e comida.

Galego

"Visite Galicia". Proxecto editorial do fotógrafo Ksado

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece visitas guiadas ao proxecto expositivo Ben(s)vidos, unha iniciativa para presentar as novas adquisicións ou pezas especiais do museo. Nesta ocasión o museo presenta o Proxecto editorial do fotógrafo Ksado: "Visite Galicia".

As visitas guiadas realizaránse o martes, 11 de abril ás 12:00 e ás 20:00 horas. 

A entrada é libre ata completar aforo.

Galego

Bookcrossing 8M: Día Internacional da Muller

A Cidade da Cultura organiza con motivo do Día Internacional da Muller un Bookcrossing moi especial. Durante unha semana podedes depositar e recoller libros nas instalacións do Gaiás, realizando unha cadea de intercambio e compartindo así lecturas con outras persoas. A premisa é que eses libros teñan que ver coa muller, ben porque sexan as autoras ou porque teñan que ver dalgunha forma co contido. Así, os exemplares terán unha segunda vida e as persoas lectoras unha oportunidade de intercambiar coñecemento.

Galego

Rutas teatralizadas

Coñecer o espazo natural de Nigrán é outro dos obxectivos do Mes da Natureza. Haberá dúas rutas teatralizadas: unha polo sendeiro dos Matos de Camos con saída o domingo 12 ás 11.00 h no que se poderá ver a actividade agraria histórica da parroquia á beira do río Muíños, e outra polo Parque da Memoria e o Castro de Chandebrito no que se lembrarán os incendios, estudarase a xestión forestal e a vida castrexa. Será o domingo 19 ás 11.00 h.

 

Galego

Misterios Navideños

Descobre os segredos da cidade olívica durante o nadal con este roteiro de Misterios Do Nadal por todo Vigo. 12 son os meses que compoñen o ano, 12 as uvas que hai que tomar para despedilo e 12 os misterios que che vou a contar ao longo deste tour, pero con todo unha estraña relación co número 13 fai que isto o converta nun tour de misterios do Nadal.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro