Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Redescubrindo Ourense. Letras galegas: cancioneiro popular galego

Neste mes teremos o roteiro especial polo día das Letras Galegas "Cancioneiro popular galego". A través del exploraremos a rica tradición musical galega, achegándonos ás cancións que definiron o espíritu do pobo galego e que seguen a influir na nosa identidade cultural. 

Descubriremos o legado sonoro que se mantén vivo, conectando con espazos e xiros históricos coas melodías que falaron ao corazón de Galicia ao longo dos séculos. 

A saída será dende a biblioteca ás 11.30 h.

Inscricións dende o venres anterior nos números de teléfono: 988 788385 / 386

Galego

O Día das Letras Galegas e Compostela

Roteiro que repasa a historia e as persoas homenaxeadas no Día das Letras Galegas desde o seu primeiro ano (1963) ata hoxe. Prestaremos especial atención ás persoas e obras relacionadas con Santiago.

Para persoas de 14 a 99 anos. Máximo 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

A Inquisición e Compostela

Percorreremos a historia do Santo Oficio na nosa cidade e visitaremos os lugares que ocuparon as súas dúas sedes compostelás, así como outros espazos relacionados cunha institución determinante para comprender parte da nosa historia e dos conflitos que a percorren.

Dirixido a persoas de 14 a 99 anos. Máximo: 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Roteiro “Isaac Díaz Pardo"

Celebramos o Día das Artes Galegas co Roteiro “Isaac Díaz Pardo” da man de Maos Innovación Social. A través de diversos lugares de Compostela ligados á súa vida, iremos coñecendo a biografía e traxectoria de Isaac Díaz Pardo, compostelán de nacemento e unha das figuras máis relevantes da nosa historia recente. A rúa das Hortas, a praza do Obradoiro, o Teatro Principal ou a primeira galería Sargadelos son algúns destes espazos que gardan para a memoria da cidade un anaquiño de Isaac Díaz Pardo.

Galego

Ourense en FemInino

Seguimos cós roteiros guiados pola cidade, este venres e co gaio do Día Internacional da Muller (8 de marzo) teremos unha ruta onde no mergullaremos no contexto social, cultural e histórico de Ourense a través das mulleres que, coas súas vidas e logros, definiron o carácter e a identidade da cidade.

Visitaremos espazos vinculados ás súas historias, creando unha conexión entre o pasado e o presente.

A saída será ás 11.30h da biblioteca. 

As inscricións poden facerse nos números de teléfono 988 788 385/386.

Galego

Educación, música e tradición

Visita guiada "Educación, música e tradición"

Mércores 26 de febreiro. 17:30 h

Público adulto

Entrada libre ata completar aforo

Ruta temática na que analizaremos, a través dun percorrido por varias das salas do museo, a relación entre música, escola e tradición, transitando por algúns dos cambios producidos ao longo dos dous últimos séculos da nosa historia.

 

Galego

Visita a Santiago de Compostela e Padrón

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema e literatura, nun encontro que nesta undécima edición terá actividades en Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.

Galego

A música en Ourense

Da man de Xeitura, achegámonos á cidade para redescubrila a través da súa historia, arte e literatura. Un percorrido temático para explorar eses espazos nos que as pegadas do pasado convertéronse an arte.

Neste caso coñecendo o Ourense dos compositores, das sociedades musicais, e percorrendo a evolución cultural e sonora da cidade.

A saída será dende a biblioteca ás 11.30 h

Actividade para maiores de 14 anos.

Inscrición dende o venres anterior ás 9.00 h nos número de teléfono 988 788385 /386

Galego

Redescubrindo Ourense. O Ourense de Risco e Conde Cordal

Achegámonos á cidade de Ourense para redescubrila a través da súa historia, arte e literatura. Un percorrido temático para explorar eses espazos nos que as pegadas do pasado convertéronse an arte.

Roteiro cunha duración aproximanda de 11.30 a 13.00h con saída dende a biblioteca.

Prazas limitadas. Inscrición dende o 18 de decembro ás 9 h no 988 78 83 85

Galego

ReDescubrindo Ourense. A Esmorga

Achegámonos á cidade de Ourense para redescubrila a través da súa historia, arte e literatura. Un percorrido temático para explorar eses espazos nos que as pegadas do pasado convertéronse an arte.

Roteiro cunha duración aproximanda de 11.30 a 13.00h con saída dende a biblioteca.

Prazas limitadas. Inscrición dende o 18 de decembro ás 9 h no 988 78 83 85

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro