Compostela (d)escrita
Un paseo pola Compostela literaria, onde poñemos o foco na relación entre literatura e Uiversidade desde A Casa da Troia ata finais do século XX. O roteiro quere ser un conxunto de pistas que nos axuden a entrever novos recunchos posibles do mapa literario da cidade.
Dirixido a público adulto. Máximo: 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.