Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Fitness

Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes, que se verán transladados a situacións fóra da dinámica cotiá.

Galego

O show do Mago Richard

O mago interpreta unha selección de efectos máxicos extraídos do seu repertorio dos últimos 30 anos. É unha viaxe máxica que ilusiona aos rapaces e saca a relucir o neno que todos os adultos levan dentro.

As experiencias máxicas deste espectáculo inclúen xogos de mentalismo, transformacións, recomposicións, aparicións e desaparicións, así coma elementos do mundo clown.

 

 

Galego

Arte'n'rúa

Festival familiar e multidisciplinar ambientado nas artes de rúa e urbanas.  O certame conta con graffiti en directo, danza urbana, beatbox e contará coa participación estelar do Mago Xacobe (mestre de ceremonias), Os 3 Tenedores e A Gramola Gominola.

Trátase dun espectáculo dinámino, divertido, sorprendente e cheo de ritmo, con hip hop, ragga, rock e moito máis! Unha cita imprescindiible para disfrutar en familia.

Este festival forma parte da programación de Cultura no Camiño, polo que deben confirmarse datas e horas nos concellos onde se represente. 

Galego

Lúa en vila dos libros

Marián Rei: Lúa

Dani Ríos: Martiño o bibliotecario

Manuel Ramil: Mestre Miolos.

Sinopse: A Lúa non lle gusta ler...e nunca, nunca usa a súa imaxinación. Pero un bo día, coñecerá a Martiño o bibliotecario, quen lle descubrirá todo un mundo máxico oculto nos libros e nos contos.

Dúas voces e un piano artellan sobre a música orixinal, unha historia que busca achegar ós pequenos e pequenas ó maravilloso mundo da lectura

Galego

O vendedor de fume

Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñon e Jorge Casas

Sinopse: Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu abraiante carro cheo de frascos misteriosos convoca o publico a través da maxia e a música. Oferta remedios ás e aos presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices entre o público.

Un espectáculo de Cultura do Camiño cheo de maxia, humor e música en directo onde a participación do público é indispensable!

Galego

Antilia en concerto

Antilia trae ás redes de Cultura no Camiño a súa formación máis sinxela, para espazos máis pequenos e para gañar proximidade co público.

A banda achégase a todos os recunchos galegos na súa formación a dúo, con María Costas na voz  e Jose 'Churruca' na guitarra. Os temas que engrosan o disco Norte e Sur  chegan agora executados coa pureza do acústico e co sentimento que se xera cando o público está aí ao pé, participando, cantando e bailando co grupo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño