Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

De Vacas

De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do Gangnam Style, de Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das Spice Girls, pero Guillerme convenceunas para amplar o abano de artistas aos que versionar. 

 

Galego

Davide Salvado

Lobos  é o novo disco de Davide Salvado. Producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), nel Davide vese arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro, Xavi Lozano, Quim Farinha , Miguel Hiroshi ou LAR Legido, entre outros. Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.

Lobos está feito desde o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

Galego

As lavandeiras

Elenco artístico: Galicia Gutiérrez " Gali", Raquel Penín e Eva Tato

Esta peza teatral está baseada no labor das lavandeiras, moi presente no imaxinario colectivo galego, provoca a reflexión sobre o papel da muller na sociedade galega.

Espectáculo dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

 

Galego

Lavandeiras

Elenco artístico: Vero Rilo e Carlos Quintá
 
Un espectáculo cheo de amor, humor e emoción.

O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos protagonizadas por este grupo de mulleres sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria. Daboapipa recolle ese patrimonio oral,  musícao, dálle forma e agasállallo ao público, descubríndolle os outros relatos ao redor dos lavadoiros.

Galego

A Roda

Unha viaxe de 40 anos coas cancións máis tradicionais da nosa terra xunto cancións especialmente deseñadas para esta xira.

Actuación dentro da programación de Cultura no Camiño, que leva música, maxia, danza, teatro e novo circo por concellos das rutas xacobeas.

Galego

Onde está o mago Antón?

Autor, director e elenco: Antón Rodríguez

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?.

 

Galego

Pasarrúas máxico

Espectáculo que percorrerá as rúas do pobo, conxurando a maxia e o circo para crear un mundo fantástico cheo de ilusións e sorrisos.

Dous magos acompañados de dous zancudos serán os encargados de marabillar o público que atopen o seu paso polas rúas e prazas. De tal xeito que todos seguirán este pasarrúas ata chegar a praza máxica, na que os dous magos realizarán un gran espectáculo conxunto.

Galego

O show infantil de Susana

Este é un dos espectáculos infantís de maior éxito dos últimos tempos, obtendo un recoñecemento pleno do seu bo facer, tanto polos miles de nenos que corean e móvense ao ritmo das súas cancións.

O seu espectáculo musical e divertido, onde Susana interactúa cos 16 personaxes infantís que ela creou e cos que comparte escenario durante 75 minutos, fan que se converteu nun reclamo público imprescindible, en calquera programación infantil.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño