Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Amparo Arias & Roger de Flor

Amparo Arias e Roger de Flor, irmáns e socios musicais, mostran a través do seu espectáculo conxunto a súa particular maneira de entender a vida, a música e a arte a través dalgunhas das cancións dos seus  respectivos traballos discográficos, algunhas adaptacións de xoias ocultas do pop-folk galego e universal e algún que outro poema musicado.

Galego

Sea ahead

Sea ahead, segundo traballo do contrabaixista compostelán, nesta ocasión en formato de septeto. As composicións exploran as enormes posibilidades arranxísticas dun "ensemble" de formato medio coma este, con referencias evidentes ao hard bop e ao jazz modal, sen perder o enfoque persoal.
 
Integran o septeto algúns dos músicos máis relevantes do panorama jazzístico galego:
 
Pablo Castaño: saxos alto, soprano
Xosé Miguélez: saxo tenor, frauta
Rubén Salvador: trompeta, fliscorno
Bruno Valle: trombón
Iago Mouriño: piano

Galego

Rei, rei?

Esta historia sobre porqué os merlos ao cantar semellan dicir “rei, rei” foi escrita por Karel Kapeck poñéndose no lugar dos máis desfavorecidos socialmente. Neste espectáculo investígase sobre a técnica  tradicional dos títeres de luva e recupérase a súa frescura e rebeldía.

Galego

Maxia pola igualdade

ILUSIONISTA: Fani Triana

A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades.

Coma para todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar.

A ilusionista creará fantasías coa louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, demostrará o sexto sentido e a intuición feminina, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.

Galego

Fantasía dos sentidos

Fani Triana ofrece un espectáculo de maxia no que propón unha viaxe fabulosa a través dos sentidos.

Ilusións con cordas, cadeiras, xornais, líquidos, ...mentalismo, participacións dos espectadores, humor e moito máis.

Trátase dun espectáculo cun guión cargado de situacións inesperadas e unha montaña de sorpresas imprevisibles. Un espectáculo para ollar e gozar.

Actuación dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Alba Noctúa en concerto

Alba Noctúa naceu en novembro de 2005, despois dun longo percorrido musical por separado dos seus compoñentes; Paloma Suanzes e Miguel Mosquera, músicos galegos cun gran amor pola música propia e que buscan a súa orixe no tempo e no espazo. Comparten tamén un grande interese polas músicas doutras culturas, (dende as súas raíces), buscando sempre a universalidade da música como expresión común dos pobos. Estes músicos coñécense durante a gravación do disco de Paloma “Feitizo” no ano 1999 pero non é ata o ano 2001 que comezan a colaborar musicalmente.
 

Galego

Concerto de Falúa

Falua, composto por Sara de Sousa na voz e Gom de Abadim na guitarra acústica, integra no seu repertorio un percorrido polos sons da lusofonia con músicas galegas, portuguesas e mesmo brasileiras. A formación folk do guitarrista mistúra­se coa tradición fadista, creando así o estilo que dá unha nova luz a temas que fan parte da historia musical lusófona.

Galego

Os limpa limpa

Elenco: Manuel Solla, Abel Abelleira, Carlos Cerviño e Santiago Daroza

Dirección: Manuel Solla

Xogos, música, baile, creatividade, alegría... Estes son os elementos que configuran Os limpa limpa

O universo da imaxinación inocente exprésase na acción cotiá, mesmo no traballo,  aínda que sexa nun traballo como o de limpar.

 

 

Galego

Canto Conto

Espectáculo de Expresións Producción no que se mestura sesión de contacontos con clown, música e cancións en directo.

Sinopse: Manoliño é un rapaz ao que lle encantan os contos, xogar.....    Un día decide buscar o tesouro dun pirata.

Neste conto o público participa nas cancións e descobre cal é o verdadeiro tesouro.

Espectáculo dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño