Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Circo Krasnovarak

Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnovarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o pallaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN!,

Ao pouco aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo…andan perdidos pola cidade!!

Haberá que  buscalos!

Coa axuda de todos os nenos, Nika e Igor saen en busca dos seus animais:

O Rino Chino, A Elefanta Samanta, a Xirafa Xosefa e o León Antón!

Galego

Errantes

En noites de lúa nova, a cidade tórnase escura…, orcos, trolls e alimañas…, seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa tolemia, nos llevan a unha peregrinación eterna transportando no seu carro a maior das súas demencias: O ORLOK

Galego

Maxia sen trucos

Este é un espectáculo indicado para toda a familia. Tanto nenos como non tan nenos desfrutarán deste espectáculo cheo de colorido e ilusión. Cunha mezcla de maxia e sombras chinescas Ian e Elisa farán que os nenos se sumerxan nun mundo imaxinario onde nada en imposible.

Galego

Glamping

Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas.

Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia?

Que pasa cando se torcen as cousas?

"O roce fai o cariño", din...

Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación.

Galego

Alleo

Todo comeza alí arriba, onde atisbamos o que acontece e se rexistra o alleo do campo e do mar. Desde a miña posición apréciase a verdade; a torre é calida, é laranxa. Os raios de sol fúnden-se nas fisuras e rompen baixo pedras rotundamente terrenais. Aquela ardente soidade, queima e destrue o privilexio do atisbo deixándonos no abandono ante a eterna inmensidade. 

Galego

Concerto duo acústico

Leticia Rey e unha cantautora de Vila de Cruces que sorprende a quen a descobre pola súa calidade vocal. O xurado do Premio Estudios Mans a Artistas galegos emerxentes elexiuna entre múltiples propostas con banda cando se presentou neste formato de guitarra e voz, acompañada por Andrés Rey na guitarra e coros en diversos temas  (non son familia).

Espectáculo en galego mais con cancións en galego, portugués, castelán e inglés. Unha artista chamada a ser coñecida en calquera lugar do mundo.

 

Galego

Don Gelati

Un brillante día de sol chega á praza un vendedor de xelados co seu carriño-bici para endulzar os paladares e sacar un sorriso aos que alí viven. Pero este non será un día como outros...

Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño e os seus xelados.

O tempo apremia e ten que arranxalo antes de que o sol nos deixe sen frescos doces.

Galego

O afiador

Espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago teto.

    O afiador ,un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX e prácticamente extinguido no século XX, desplazabanse centos ou miles de kilómetros, por uns días ou por anos coa única compaña da sua roda.

    Coa melodía producida por un chiflo e os grito de”¡O afiador!” fai a sua entrada o mago portando unha roda no recinto elexido para o desenrolo do show.

    Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.

Galego

Xira 2024

Percorrendo un camiño máxico  o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha realidade onde todo é posible menos perder a ilusión.

Galego

Rock and magic

ROCK & MAGIC é o resultado de 30 anos de maxia e Rock & Roll. Un  novo espectáculo que mestura as dúas principais paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia.  Era cuestión de tempo unilas e sumar ao noso repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.

Un espectáculo con música interpretada en directo: hits, temazos e verdadeiros incunables que os maiores levamos gravados a lume na nosa memoria e temos que dar a coñecer ás nosas crianzas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño