Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

O libro máxico

Espectáculo onde se combina a narración oral, a música e o teatro co obxectivo principal de animar os rapaces e rapazas e as familias en xeral a gozar da lectura e a convertela nun hábito. Ademais, trátanse temas como as emocións; as relacións familiares; o compañeirismo; o consumismo; a importancia da imaxinación etc.

Galego

Cantaxoga

“Cantaxoga” é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo” acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica…

Galego

Á Caída!

Está en crise a comedia? Miña, nai, esperemos que non! É moi necesaria para soportar o “mundo real”. E ademáis, son moitos os que viven por e para a risa. Pero si que é certo que hai unha certa tendencia nos últimos tempos a meterse con ela, a censurala, a criticala… Está, por exemplo, o famoso tema dos límites, aquel “con que se pode facer humor e con que non”. Debates internacionais, hai con isto. Pero temos máis. Dun tempo para aquí escóitase moito a frase “todos fan máis ou menos o mesmo, falan do mesmo e usan os mesmos chistes”. Respectable opinión tamén.

Galego

Fire performance

O lume sempre foi usado en cerimonias de miles de pobos, e culturas dos nosos antepasados. É un elemento sacro, ademais da súa utilidade para a supervivencia esta presente en innumerables rituais visionarios, de sanación, purificación, sabedoría, e de unión. En homenaxe ao sacro lume e todas as tradicións ancestrais facemos unha ofrenda aos deuses do lume de moitas culturas cun espectáculo de lume místico. Con moito ritmo e sen palabras, unha forma misteriosa de transformar as técnicas presente en «Circo de Lume» a un show espiritual, ancestral pero tamén moi contemporáneo.

Galego

Kori, de Kocorico

E se aterrizara un alieníxena do planeta Kokorico no noso barrio? Que pasaría se quixera coñecer os nosos costumes, pero que nin sequera soupera por onde cruzar a rúa?. Pois xusto iso é o que acaba de suceder. O Capitán Tan e Dna. Evarista (unha vecina xubilada que pasaba por alí) teranlle que explicar a Kori o fundamental de educación vial pra poder ir a salvo pola cidade.

Galego

Crunch 2!

Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. 

Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda floxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes. 

Galego

Circo expresso 2

Con máis de 20 anos no mundo do circo, Raquel e Girisho presentan o seu quinto espectáculo de circo contemporáneo.
Dous eminentes artistas de circo esfórzanse por demostrar quen é o mellor artista. Girisho ten confianza, é entusiasta pero non moi intelixente. Raquel é estrita, metódica e moi hábil. 

Non se deterán #ante nada para gañarse a aprobación do seu público. 
Un espectáculo de circo áxil, divertido e moi habilidoso, no que Raquel e Girisho usan o trapecio, tea aérea, Hula hoops e ...moito máis.

Galego

Somos circo

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

Galego

Chuches Amil dúo

Chuches Amil presenta un espectáculo no que cada canción é un soño e cada soño é unha canción, do dereito ou do revés. Todos os membros da familia están convidados a disfrutar de diferentes xeitos de abordar o mundo dos soños e dos contos nun percorrido pola música máis actual feita en Galicia para gozar en familia

Un setlist cheo de éxitos dos albumes Un conto ao revés (2015) e Monstros, con ou sen consentimento (2018), de Chuches Amil.

Galego

Combina

“COMBINA” é un espectáculo que combina maxia, humor e participación do público. Unha proposta todoterreo con números de maxia de diferentes  especialidades.

Maxia visual, escapismo, mentalismo, viaxes máxicos... Todo isto co estilo único de Dani Polo, unha combinación de elegancia cun toque desenfadado e xuvenil.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño