A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
INEFABLE: Dise de aquilo que non pode ser explicado con palabras.
Un espectáculo con números espectaculares e unha posta en escena coidada. Unha viaxe polas diferentes disciplinas do ilusionismo co toque persoal de Dani Polo.
Un espectáculo para toda a familia onde cada un dos asistentes quedará sen palabras.
Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017.
Consta de 7 músicos máis técnico de son e luz. guitarra, baixo eléctrico, teclado, batería e tres ventos (saxofón alto, tenor e trombón). Ademáis, contamos cun remolque-escenario autosuficiente que fai posible o noso espectáculo no exterior, no caso de ser necesario.
Chega o primeiro CONCURSO DE MAXIA para toda a famila, onde nada é o que parece.
Un show participativo onde os concursante tentarán levarse os fantasticos premios que a " PRODUCCiÓN e DIRECCION" do concurso porá en xogo; pero ollo!!! non vai ser nada doado...porque.. NADA É o que PARECE!!!
Probas, nervios e máxima tensión farán que pases unha boa xornada de risas e asombros para loitar polo panel final!!!
Seguindo a súa tónica de humor, o mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas.
A maxia do mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativos que provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobretodo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar.... formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.
Indóciles é un proxecto multidisciplinar que achega ao público á figura e a á creación de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde.
Da man de Vero Rilo, narradora oral, Nuria Vil, resitadora, e Mónica de Nut, música, o legado e a voz de Villalta volven ao escenario.
TRALALAREIRA é un espectáculo de narración oral, humor, viño e música para público adulto.
Nesta ocasión a narradora Vero Rilo acompáñase de Santi Cribeiro (Berrogüeto, Matto Congro, Os d´Abaixo...) ao acordeón.
Que pode sair mal durante unha hora de contos a mesa posta, con algo de viño, brindes e risas? Un espectáculo a pedir de boca, para padais finos e gorxas cantareiras, todo o que se escoitaba tras dunha lareira..
AS FAMES CONTADAS é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos propios e de tradición oral.
O tema central é a fame, incluíndo non só a fame de comer se non outro tipo de fames que tamén temos os seres humanos.
Comeza en torno á comida que se fai nunha casa para celebrar a festa. O feito de xuntarse á mesa provoca que se conten historias e sempre unas van levando a outras. Así van saíndo as fames: de comer, de cariño, de aprender, de cartos… fames que dunha maneira ou outra temos que saciar.