Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Concerto “X+I”

MJ Pérez celebra o seu 10º aniversario cunha xira especial “X+I”, na que fai repaso dos temas máis destacados da súa traxectoria ata os últimos lanzamentos como é o seu single “Barco á Deriva” (2024). A artista arzuá, ofrece neste espectáculo unha auténtica viaxe de sensacións e estilos, pois vai dende o pop-rock ata a música portuguesa, pasando por ritmos latinos. Se algo destaca desta autora é a súa versatilidade á hora de xogar cos diferentes estilos, mais sen perder a esencia que a caracteriza.

Galego

Xira Bacana

XIRA BACANA é o primeiro espectáculo de Banda Bacana, unha banda de nova creación formada por 8 músicas galegas de recoñecido prestixio e ampla traxectoria enriba dos escenarios.

Os ritmos de raíz afrolatina mestúranse coas letras de poetas galegas, portuguesas e sudamericanas para ofrecer ao público un concerto no que poder bailar, desfrutar e vivir en directo a unión das culturas de aquí e alén do Atlántico.

Galego

Concerto

Eles defínense coma uns rapaces dos anos 90 que creceron escoitando a grupos como Berrogüetto, Milladoiro e infinitas cancións de infinitos estilos musicais. Por iso, defenden a mú- sica feita de raíz e a creación contemporánea que pon en valor a tradición. Teñen os pés na terra pero a súa mirada é completamente global, xa que buscan sons diferentes de todas as partes do mundo e sen prexuízos. As súas influencias van desde as músicas do Magreb ou o rock saharaui ata as melodías cubanas.

Galego

Mil maxias máis 5.0

A maxia en esencia é un xogo e con ela podemos facer que as palabras aparezan, desaparezan, se transformen ou mesmo leviten diante dos nosos propios ollos. Nesta proposta máxico-teatral non faremos trucos de mans, non desviaremos a atención, non faremos aparecer coellos. Faremos maxia  da boa a partir das nosas palabras, da nosa historia, do noso patrimonio cultural material e inmaterial.

Galego

Concerto

Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodias balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, aportandolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa. 

 A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal a compoñen: trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-platos. 

Galego

Coa palabra na boca

A través da palabra e a música de tradición oral percorreremos historias que falan da xente, do amor, da liberdade e da desobediencia, porque somos un pobo que discrepa e temos unha peculiar forma de enfrontrarnos á vida e á morte. Historias de disidencias cheas de heroínas que non existen nos libros e heroes sen nome. Historias de vida que beirean a morte e de mortos que volven a este mundo.

Galego

Pasarrúas

Tanto nos Ten leva máis de 15 anos formando parte da escena musical galega. Empregan con maestría as voces e os instrumentos tradicionais como as gaitas, o clarinete, o acordeón, o tamboril, o bombo con pratos, a pandeireta ou as cunchas. Instrumentos aos que fana falar coa súa súa sempre propia e festeira linguaxe. Pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables conforman o que o grupo chama ‘música tradicional furtiva’. Con este pasarrúas animan calquera romaría, festa e celebración que se lles poña por diante!

 

Galego

´80s PARTY PARTY

Esta é a proposta musical mais festeira de Soul&Roll cun repertorio desenfadado, de sobra coñecido e para todolos públicos. Trátase de un espectáculo ubicado nos anos 80 con música que marcou a moitas xeracións e desperta un sentimento de nostalxia onde todo o público se desata a cantar eses grandes éxitos do pop-rock español que sinalaron una época. Cancións en maiormente español pero sen olvidarnos dos éxitos internacionais que tamén estivieron presentes nesos anos, e como non podía faltar, algún que outro temazo en Galego que tamén deu a Volta ó mundo.

Galego

Enredadas

Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredadas enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño