Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Pequeno cabaret infantil

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste n< instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

Galego

O baúl do mago

Unha aventura máxica e unha experiencia innovadora sen precedentes que se desenvolve a bordo do BAÚL DO MAGO (unha caravana convertida nun auténtico Teatro Itinerante na procura de aventuras).

Onde a Maxia non só se ve, senón que se vive. As características do BAÚL DO MAGO conseguen que a interactividade e participación co espectáculo estean máis que aseguradas, pois a proximidade e interactuación co mago é unha constante durante o espectáculo. Trátase dunha experiencia irrepetible que se lembrará, probablemente, durante toda a vida.

Galego

A maxia do Mago Rafa

A Maxia do Mago Rafa é recoñecida nos seus máis de vinte anos de traxectoria artística pola súa maxia orixinal e o seu humor desenfadado, que se afasta da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común; humor, tenrura, unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián. Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".

Galego

O mellor e o peor dos 80 e 90

Baixo o lema "O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto" Carta de Ajuste articula un show no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do oínte en todo momento e envolvendo aos asistentes nunha festa fóra do común. Facer ao publico protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nunha paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño