Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Neutrx

“NeutrX” é unha peza coreográfica para espazos non convencionais de 14 minutos de duración con música inédita de Xisco Feijoó e Carlos Quintá, cun elenco de seis bailadoras e bailadores baixo a dirección artística de Fran Sieira, onde cuestionamos os roles de xénero no baile tradicional galego. Dende a posta en escena, caracterización, vestiario e pasos de baile…, todo pon en tela de xuízo o rol de xénero preconcevido dentro do baile tradicional.

Galego

Paporrubio

O espectáculo do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O teatro, a música e a manipulación danse a man neste espectáculo de rúa no que a participación do público é fundamental e está garantida.

Galego

Tin

Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de maxia, de humor, de clown, de inxenio. Onde nos podemso adentrar na mente dun coleccionista de chatarra, para descubir como pensa que usos lle pode dar a cousas que habitualmente non lle damos valor. É un espectáculo inventivo, onde a maxia muda de estética, de ritmo ou de motivación para sorprender co imposible.

Galego

Contacantacontos

Cuentacantacuentos é unha actividade única e emocionante deseñada para nenos que adoran escoitar contos e bailar ao mesmo tempo. Este evento combina a narración de contos coa música e o movemento, creando unha experiencia inesquecible para os pequenos.

Galego

Concerto

Soul&Roll propón un espectáculo musical acústico innovador que marca a diferenza co seu repertorio do mais completo e variado cuns arranxos músicales-vocais adaptados e traballados minuciosamente, unha voz, coros vocais, guitarras acústicas, baixo, ukelele, percusión menor, bombo e un "Loop Station" que permite tocar todos estes instrumentos e facelos soar á vez creando os bucles musicais máis espectaculares e sorprendentes que, peza a peza, constrúen os grandes éxitos que todo o mundo desexa escoitar en VIVO E RIGOROSO DIRECTO.  O repertorio está coidadosamente escollido segundo para q

Galego

Asacocirco Show

A Cía. ASACOCIRCO transforma calquera espazo nun pequeno gran novo circo, onde a risa, o risco e a espectacularidade están garantidas en todas as súas actuacións, conseguindo deste xeito que o público de todas as idades o pase en grande.

Investigaron, crearon, viaxaron, riron e tamen choraron ata conseguir o que hoxe é o seu último espectáculo "Casal em risco" presentado en diversos festivais de teatro e circo de rua.

 É un espectáculo para nin chiscar un ollo!

Galego

Circo de lume

Un espectáculo de acción pura, co obxetivo de manter a atencion ao 100% e impresionar ó publico. “Circo de Lume” é para todos os públicos, ideal para a noite. Consta de emocionantes números, que misturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofaxia, humor e trato directo có publico. Interpretado por Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con mais de 15 anos de entrenamento, executan este perigoso show de forma segura, e cheo de efeitos visuais, dignificando o motivo dos actos con lume.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño