Senta que hai baile
Propoñémosche un Senta que hai baile!, espectáculo no que a banda vai interpretar unha selección dos seus mellores temas e as dúas mestras ensinarán ao público como se bailan dunha maneira moi sinxela. No repertorio botaremos man de bailes do mundo, centrándonos nos galegos. Nalgúns destes bailes as explicacións faranas as profesoras dende o escenario.