Gran espectáculo da maxia celta
Gran espectáculo de maxia onde nada é o que parece.
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Gran espectáculo de maxia onde nada é o que parece.
Concerto de música.
Espectáculo de concienzación de xénero, ameno e divertido.
Tod@s @s nen@s "teñen un soño" que @s fai únic@s por iso imos contar contos e @s fagan soñar cos seus desexos para entender que somos iguais e podemos traballar xunt@s para lograr vivir sen prexuízos.
Espectáculo de contacontos. con máxia, monicreques diversión e moito mási. Onde os libros as histoiras e os animais, ¡e que animais! son protagonistas.
“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior.
Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas.
Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia?
Que pasa cando se torcen as cousas?
"O roce fai o cariño", din...
Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación.
Un espectáculo contado a través do Camiño, dos Camiños de Santiago polos que os afiadores saían de Galicia para afiar e espallar a cultura galega polo mundo. Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, nun show que nos amosa como os afiadores percorrían as rutas dos Camiños de Santiago nun continúo ida e volta e coas máis sorprendentes historias.. O afiador desprazábase centos ou milleiros de quilómetros coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo.
Nesta ocasión O Mago Paco preséntanos o seu espectáculo mais reivindicativo. A través de distintas historias e xogos de maxia traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflxados. Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo. Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que: “Ser diferente é o mais divertido e xenuino que temos os seres humanos”
Diferentes artistas circenses deleitarannos ó longo de aproximadamente unha hora e media con números de clown, malabares, equilibrios, acrobacias aéreas, lume e moita interacción co público. A Gala de circo Moc Moc é un espectáculo familiar, único e irrepetible, confeccionado especialmente para cada ocasión, que fará vibrar a todo o público coa maxia do circo.
Concerto.