Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

A illa sen tesouro

A illa do tesouro é unha proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos.  Apoiados nunha Escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nuha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do publico, da fabulosa aventura de piratas. Música, bailes, peleas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos e un guiño a un clásico literario para toda a familia.

Galego

Hoxe si!

Hoxe é o día.

Hoxe Ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “SOÑOS PENDENTES POR CUMPRIR´´ Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para Mañá.

Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a desfrutar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente.

Galego

Xogando a reciclar

Reciclaxe, humor, medio ambiente, espectáculo, lixo, participación do público...

Neste obradoiro teatralizado, en chave de clown, clasificaremos todos estes xéneros no seu correspondente contedor para obter unha forma diferente, e sobre todo divertida, de aprender a importancia da reciclaxe.

Pasamos a vida xerando lixo, practicamente todo vai envolto ou nalgún “paquete”, por iso é importante saber onde vai cada cousa. E a mellor maneira de aprender é XOGANDO E RINDO!

Galego

Malabarian on the Rox

Malabarian, reputado e elegante malabarista, vese nun apuro antes de comezar o show no que terá que intervir unha espontánea e inesperada axudante coa que lle acontecen todo tipo de situacións.  Ó final, conseguen sair airosos. 

Malabares clásicos, con antipodismo, malabares coa boca, hulas hopps, e moitas dosis de  humor.

Galego

Lingoreteira

Esa é unha lingoreteira- dicían. O que non sabían era que grazas a ela algunhas das historias que vos imos contar chegaron ata hoxe. Esta sesión de contos é unha homenaxe á lingoreteira que hai en nós, a esa parte nosa que permite que a palabra e a oralidade non morran de todo. Achegádevos que imos botar a lingua a pacer! Lingoreteira é un espectáculo para público familiar que combina a narración oral, a música e a manipulación dun monicreque. En escena, unha narradora e un músico fánnos viaxar por novos vieiros a partir da música e a palabra.

 

Galego

Trogloditas

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria. A cova, onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Da man dos Monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

Galego

O Show de Fifo

Fifo non sabe se vive nun soño ou si sempre ten sono, o que si ten claro é que neste espectáculo, coa axuda dos nenos, vai descubrir, a través de xogos, de bailes, de gags e de risas, se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar.

Espectáculo de interacción constante co público,de maneira directa e de xeito indirecto.

Se tes un soño ven cumplilo...

e se tes sono ven durmilo !!

Galego

Circo Galaico

Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.

Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os acróbatas e malabaristas serán animais da fauna galega coma o xabarín, o lobo ou a pita do monte.

Galego

Concerto

Bafana Bafana é un grupo de versións que rinde tributo e pon en valor a música lixeira en castelán.Gran parte da tradición pop-rock española e latinoamericana revisionada con rigor, virtuosismo, humor e respeto de 5 músicos de asentados e coñecidos na escena jazzística e da música moderna galega.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño