Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Unha maxia diferente

Nesta ocasión O Mago Paco preséntanos o seu espectáculo mais reivindicativo. A través de distintas historias e xogos de maxia traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflxados. Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo. Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que: “Ser diferente é o mais divertido e xenuino que temos os seres humanos”

Galego

Circo Moc Moc

Diferentes artistas circenses deleitarannos ó longo de aproximadamente unha hora e media con números de clown, malabares, equilibrios, acrobacias aéreas, lume e moita interacción co público. A Gala de circo Moc Moc é un espectáculo familiar, único e irrepetible, confeccionado especialmente para cada ocasión, que fará vibrar a todo o público coa maxia do circo.

 

Galego

Novidades magnéticas

“Novidades Magnéticas” é un espectáculo de ilusionismo con óxido de maxia, humor e participación das persoas presentes...e as que non acudan tamén, grazas as propiedades de atracción que nel son espalladas.

O espectro óptico dos procesos imaxinativos viaxa nun acto con sorpresas apoiadas en todo tipo de trebellos, adobado en intres inesperados e imprevisíbeis.

Galego

Bichocas

Bichocas é un espectáculo adicado á primeira infancia, onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a traverso do mundo animal. As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demais os seus afectos.

Galego

Eran elas!

Os príncipes azuis son un invento moderno. Antes de que os Grimm, Perrault, Andersen e demais familia botasen sucre neses contos, as mozas pelexaban cos dragóns, Isolda valíase sen Tristán, a Bela Durminte tiña a súa persoal opinión sobre o príncipe, as nenas defendíase dos ogros... Por que mudaron os contos? Non o sei. Sei como eran antes da mudanza, e eran ben simpáticos.

Galego

Danzamos no verán!!!

Xoán Curiel e A Banda do Verán presentan o seu traballo a trío.

O show é un formato a trío que nace do disco-libro Estamos no verán!!! editado por Galaxia que narra as aventuras duns rapaces que na época estival, atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. 

Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro que se caracteriza por facilitar a participación constante do público e por contar cuns artistas de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís.

Galego

Rogelio, un pallaso en recuperación

Rogelio leva vinte anos pechado na súa casa. É un pallaso en recuperación. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de doce pasos atópase no último chanzo. Paso número doce: Ser quen de facer en público o que máis lle gusta: A maxia. Rogelio, un pallaso en recuperación é unha entrañable historia de autosuperación para os que non sempre gañan, ou dito de outra maneira para os perdedores. Este divertido espectáculo de clown para todos os públicos pon sobre o escenario un dos grandes retos da humanidade: ser quen de rirnos de nós mesmos.

Galego

Fazulas e o ladrón de paraugas

"Fazulas e o ladrón de paraugas" é o espectáculo baseado no exitoso libro "O ladrón de paraugas", de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel (Editorial Galaxia), que xa vai pola terceira edición tras un ano desde a súa estrea. O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa manía por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido da empuñadura dun paraugas.

Galego

Somos circo

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño