Día da poesía

Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A cara oculta dos versos

A cara oculta dos versos é un proxecto expositiv, promovid pola Secretaría Xeral de Cultura, no que a artista Isabel Pintado amosa a súa creatividade sobre 21 libros de poesía de diversos autores e autoras, intervidos como unha homenaxe aos poetas que foron protagonistas das súas lecturas. Obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra, Yolanda Castaño, Manuel Antonio e Lupe Gómez son algúns dos autores e autoras que están presentes na mostra.

Galego

Poesía, rimas e cancións

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Galego

Mostra bibliográfica

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecimento das capacidades creadoras de cada persoa. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxetivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

A Biblioteca Pública de Pontevedra quere participar deste día cunha mostra bibliográfica que ten por obxecto apoiar a poesía.

Galego

Taller de iniciación á poesía

Manuel Guisande é escritor de literatura infantil, periodista e guionista de curtametraxes. Neste obradoiro os rapaces e rapazas coñecen o que é un poema, os tipos de poemas, a estrofa, o verso, e as rimas consonante e asonante.

Manuel Guisande tamén lles aprende a recitar e a importancia das pausas, e constrúen un poema que lerán ante os seus compañeiros.

Para nenos de 9 a 12 anos.

Galego

Yolanda Castaño. Espectáculo poético

Yolanda Castaño, un dos rostros máis coñecidos e recoñecidos da poesía galega achéganos un novo e atractivo xeito de comunicar os seus versos facéndoos dialogar coa linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías. Unha moderna posta en escena, capaz de conectar mesmo con públicos pouco versados no xénero poético.

Este recital forma parte dos actos conmemorativos do Centenario de Miguel González Garcés.

Galego

Obradoiro poético

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial de la Poesía e convida a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa. O principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas amenazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día da poesía