Día de Rosalía

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Escape room na biblioteca

O Escape Room é un xogo de aventuras físico e mental no que un grupo de xogadores son encerrados nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas de todo tipo para ir desenlazando a historia e conseguir "escapar" antes de que remate o tempo dispoñible.

As e os participantes deben axudar a Rosalía a atopar o seu manuscrito. Teñen 30 minutos para solucionar o enigma. Se non o conseguen quedan pechados na biblioteca para sempre.

Hai dúas oportunidades, ás 18h e ás 19 h, pero non se pode repetir.

Para nenos e nenas de 10 a 14 anos.

Galego

Cantando con Rosalía

Obradoiro homenaxe a Rosalía de Castro e á poesía. Trátase dunha actividade poético-musical para poñer en valor a súa obra poética xunto coa música. As persoas participantes gozarán cun xogo a modo de concurso televisivo musicando poemas, cantando cancións populares, facendo coreografías e bailando. Todo ante a atenta mirada de Rosalía de Castro!

Para rapazas e rapaces de 8 a 14 anos

Abriráse a inscrición o sábado anterior a actividade

Galego

Daquelas que cantan

O Concello de Ribadeo súmase as actividades conmemorativas do 179 aniversario do  nacemento de Rosalía de Castro con diversas actividades, entre as que se inclúe esta peza teatral do Grupo de Teatro A.C. Vagalumes.

A continuación, gozarase da actuacion de Puntada sen Fío, en que a poética rosaliana terá relevancia.

Máis información

Galego

Rosalía, a rosa de cen follas

Función teatral da compañía Galeatro dentro das actividades de homanenaxe polo 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Rosalía, a rosa de cen follas trátase dunha montaxe teatral que busca achegar ao alumnado de secundaria e bacharelato á vida e obra da nosa máis destacada autora.

Desde “La Flor”, a súa primeira publicación, ata “En las orillas del Sar”, a última; pasando por toda a súa produción, tanto poética como narrativa: “Cantares Gallegos”, “Follas novas”, “La hija del mar”, “El caballero de las botas azules”...

Galego

Presentación da edición crítica de Follas Novas, de Anxo Angueira

O Concello de Rianxo súmase aos actos de homenaxe ao Día de Rosalía, polo 179 aniversario do seu nacemento, e acolle no Auditorio Municipal a presentación da edición crítica de Follas Novas, de Anxo Angueira, coa participación do autor; de Manuel Bragado, director de Xerais Editora; Xosé Luís Axeitos, mestre e académico da RAG.

Unha hora e media antes, ás 19. 30, farase unha ofrenda florar no monumento de Rosalía que hai no paseo da Ribeira, cun recital do alumnado do IES Félix Muriel.

Galego

Acto literario-musical para homenaxear á escritora

O Concello de Ames organiza un acto literario-musical para homenaxear á escritora.

O autor Maximino Viaño e a profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra lerán varios versos da escritora. Tamén se sumarán a este recital alumnos dos centros públicos de Ames, integrantes do Club de Xubilados de Milladoiro e participantes no taller municipal de lingua e cultura galega.

Entre as distintas lecturas iranse intercalando actuacións musicais a cargo da artista Xiana Lastra, que estará acompañada ao piano por Adrián Saavedra, e polo cantautor punk O Leo i Arremecághona.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día de Rosalía