Día de Rosalía

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Vídeo-poemas Rosalíate

A Universidade de Vigo convida, dende o Campus de Ourense, a que os membros da súa comunidade universitaria transmitan a importancia da figura de Rosalía de Castro a través de pequenas gravacións de vídeo de 20 segundos na que se recite un pequeno fragmento ou estrofa dalgún poema da autora. Un xurado nomeado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense seleccionará os traballos pola súa calidade, orixinalidade e capacidade para visualizar as partes da obra de Rosalía menos populares. Os premios consistirán en lotes de libros, de discos e de elementos publicitarios do campus de Ourense.

Galego

Celebración do 180 aniversario de Rosalía

Homenaxe a Rosalía polo 180 aniversario do seu nacemento en Padrón cunha homenaxe que comeza na estatua do espolón e paseo polas rúas co Caldo de Gloria ás 13 horas. Pola tarde, proxectarase o filme gañador de Curtas para Rosalía 2016 e celebrarse un concerto de Ialma. A tarde de homenaxe remata coa preparación de degustación dun Caldo de Gloria na Casa de Rosalía e posterior foliada polas rúas de Padrón.

Máis información, aquí.

 

 

Galego

Acto literario e musical con Najla Shami

Acto central do Día de Rosalía de Castro no Concello de Ames O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o acto central de homenaxe á escritora. A entrada ao acto literario-musical é libre e gratuíta. Hai lecturas, dramatizacións e vídeocreacións con poemas rosalianos e música a cargo da vocalista e compositora, Najla Shami, que no 2013 publicou Na lingua que eu falo. Ademais, dous rapaces do Milladoiro Eric Fungueiriño e Noe Cutrín van a facer unha versión rapeada do poema rosaliano A xustiza pola man.

Galego

Homenaxe a Rosalía de Castro

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Asociación Cultura Eira Vella e coa participación do alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín, do IES Francisco Aguiar e mais a Asociación Cultural A Fuliada, realiza o acto de homenaxe a Rosalía de Castro, nun acto que presentará Isabel Risco e pechará Najla Shami.

Galego

Presentación da Revista de Estudos Rosalianos

Na véspera do 180º aniversario de Rosalía de Castro desenvolveranse en Rianxo actos en honra.

Ás 19.30 horas, diante do monumento de Rosalía no Paseo da Ribeira ten lugar unha lectura pública, intervención de autoridades e ofrenda floral. Intervención musical a cargo de Sabela Galbán Rodríguez Rianxeira, Oli Xiráldez, Gustavo Couto Rodríguez e Alberto Pires. Artesán de Gaitas Galegas. interpretando a "Alborada de Rosalía"

Galego

Rosalíate

Homenaxe con poesía e participación de Afra Torrado, Antón Blanco, Iria Alejandra Pazos, Lucía Novas, Malvares de Moscoso, Genaro da Silva, Pablo Rodríguez e Tamara Andrés. Completa esta homenaxe o concerto poético de CintaAdhesiva.

Galego

Homenaxe a Rosalía e a Narf

El Patito Editorial vén de rematar a súa colección de poesía completa de Rosalía ilustrada por artistas do país. Para conmemoralo a editora celebra durante este mes unha exposición na Galería Sargadelos de Santiago cunha escolma destes ilustradores: Fausto, Pepe Barro, Álvaro de la Vega, Manolo Figueira e Xurxo Alonso. O último libro, En las orillas del Sar, será presentado o día 21 ás 19:30 na propia Galería, nun acto poético e musical que tamén servirá para lembrar a Fran Pérez, Narf, recentemente falecido.

Galego

Airiños, aires

Na exposición, que segue a súa itinerancia por Galicia, Xurxo Lobato fai unha homenaxe a Rosalía de Castro con 50 fotografías nas que describe unha xeografía vital da escritora.

A principal finalidade desta iniciativa, organizada pola Fundación Rosalía e a Obra Social La Caixa, é transmitir ao público o coñecemento dunha das figuras clave das letras galegas e da proxección dos valores da nosa cultura.

Galego

Adeus ríos, adeus fontes

No 180 aniversario do seu nacemento, Adeus ríos, adeus fontes, quere ser unha homenaxe á grande escritora galega, Rosalía de Castro. A través desta actividade os rapaces mergullaranse na figura desta poetisa a través dalgún dos seus poemas máis significativos. Ao longo do obradoiro os nenos farán unha colaxe onde mesturar as palabras e os termos utilizados por esta figura universal.

Datas: 25 de febreiro

Público: de 7 a 12 anos

Horario: de 17:00 a 18:30 h

Duración: 90 minutos

Prazas: 25

De balde, precisa inscrición no web

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día de Rosalía