Día de Rosalía

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Xardín Desordenado

A Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Padrón celebran o aniversario con diversos actos, entre os que se atopa este concerto de Xardín Desordenado.

Trátase dunha formación musical viguesa cuxo obxectivo é promover a poesía. Na actualidade están a preparar o seu segundo traballo con poemas de autoras contemporáneas galegas e outro con cancións baseadas en textos de Rosalía. Nesta actividade, tamén se presenta a edición crítica de Follas Novas de Anxo Angueira. 

Galego

Lectura pública da poesía de Rosalía de Castro

O 24 de febrereiro festéxase o aniversario do nacemento da autora máis universal das nosas letras. Muller culta e propulsora do Rexurdimento, Rosalía de Castro revélase como unha autora que traspasou as fronteiras de Galicia.

Para celebrar esta efémeride, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convida a participar a lectura pública da poesía de Rosalía.

Máis información

Galego

Recital poético aberto

O 24 de febreiro celébrase a o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e moitos concellos súmanse á homenaxe colectiva  da sociedade a súa escritora máis universal.

No caso de Bueu, o concello faino cun recital poética aberto na sala Amalia Domínguez Búa.

Poden participar todas as persoas que o desexen.

Galego

A paisaxe de Rosalía

Co motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, organízase unha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas de 4 a 8 anos, que gozarán coas aventuras e trasnadas da pequena Rosalía que toman como punto de partida os poemas de Cantares Gallegos e o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a súa infancia.

Galego

Rosalía no son e na voz de Amancio Prada

Como chove muidiño, A xusticia pola man ou Campanas de Bastabales son algúns dos poemas que soarán no salón de actos da Real Academia Galega, a partir das 19.30 horas.

Baixo o título Rosalía no son e na voz de Amancio Prada, o acto é un agasallo do músico berciano no día do aniversario do nacemento de Rosalía (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885), figura clave do Rexurdimento.

Galego

Homenaxe a Rosalía e José Afonso

A Fundación Rosalía comeza os actos do Día de Rosalía cunha homenaxe á poeta e a José Afonso (que morreu o 23 de febreiro de 1987). Os actos terán lugar no auditorio da Casa de Rosalía:

18.00h: Conferencia: “Minho / Galiza – 2.000 anos de mãos dadas”, de Eduardo Pires de Oliveira.

19.00h: Concerto do grupo Canto D´Aqui (Braga) con repertorio de José Afonso e Rosalía.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día de Rosalía