Imaxes rosalianas: poemas e artes figurativas
Qué reposo! ¡Qué luz...! ¡Qué garruleiro
brando cantar dos váreos paxariños
cando ó salir do sol polo quinteiro
douraba fontes, lagos e campiños!
¡Qué libre respirar...! ¡Qué placenteiro
ir e vir dos cabirtos xuntadiños!
¡Qué frescas, qué polidas, qué galanas
iban co gando as feitas aldeanas!