Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

TRANSformando o mundo

TRANSformando o mundo é un obradoiro sobre a escrita e a diversidade sexual, a partir da obra 22 segundos, da colección Fóra de Xogo de Xerais. Trataranse cuestións como a identidade de xénero e a orientación sexual a partir do protagonista da historia, Álex. Impartido por Eva Mejuto, que como autora da obra, falará do proceso creativo da mesma para acabar cun exercicio de escrita.

Galego

Güe Güe

Unha noite de lúa chea para descubrir que é un güe-güe, para o que hai atopar algo pequeno que estea a durmir.

Para bebés de 0 a 3 anos.

Galego

Encontro con Paula Carballeiro

O medo é unha das poucas cousas que non buscas, o medo atópalo. As historias de medo só perseguen o arrepío do momento. É despois de lelas, una vez que estás na cama e que pensas que as historias que acabas de ler xa non teñen perigo, cando algo fai que as lembres: un son, unha luz, un golpe. Adoitan ser tres avisos, o tempo xusto para quitarte o sono.

Galego

Os contos do Grúfalo

Os contos do Grúfalo é un espectáculo de narración oral protagonizado por un ratiño que vai atopando diferentes animais que viven no bosque e todos o queren papar, pero de todos eles consegue salvarse con moita astucia e recurrindo a un ser imaxinario chamado Grúfalo, unha invención da súa cachola que se cadra finalmente non era tal.

Galego

A arte de emocionarte

Que os nenos e nenas aprendan a poñer nome ás súas emocións é unha das bases dunha boa intelixencia emocional. A través dos contos é posible identificalas, adestralas, converténdoos así en adultos máis felices.

Nenos e nenas de entre 4 e 14 anos
Colectivos con necesidades especiais: Persoas con Síndrome de Down e outros colectivos con trastornos leves do neurodesarrollo

Galego

Isto non é unha caixa

Nola e María, cansas de xogar coa infinidade de xoguetes que teñen, descobren a embalaxe de cartón que está a piques de ir ao lixo. Con esa caixa, abrirán a porta da súa imaxinación e vivirán e viaxarán coas historias que van desde as lendas e contos populares ata a creación, nun constante xogo de interacción co público para redescubrir novas identidades.

Para nenos e nenas de  4 a 11 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito