Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

As nosas letras

Espectáculo no que o mago Teto rende unha homenaxe á cultura, a tradición e as costumes galegas a partir da literatura escrita en galego. O espectáculo percorre desde as primeiras manifestacións literarias en galego no Medievo, ata as letras das cancións dos grupos locais escritas nos últimos anos, pasando polos Séculos escuros,o Rexurdimento, e o século XX, coas súas guerras que tanto influíron nas nosas letras.

Para público xeral a partires de 5 anos, tamén adulto. 

Galego

A cabeza do dragón

Espectáculo de monicreques de Títeres Cachirulo. Nesta obra, o Principe Verdemar é desterrado do seu fogar. Coa axuda dun trasno falcatrueiro, tendrá que loitar contra bandoleiros e mesmo enfrentarse cun terrible dragón que ten prisioneira á filla do Rei Micomicon, para poder retornar triunfante a casa.

Para nenos e nenas de 5 a 11 anos.

Galego

Pequeno Cabaret Infantil

Un orixinal espectáculo dirixido a toda a familia que instala un vistoso teatriño a modo de barraca de circo antigo e onde o mestre de cerimonias "Pedriño Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias do público botando man do contos populares (O flautista de Hamelin, Os tres porquiños, O Nabo, Rapunzel, as Mil e Unha Noites, etc...) dende un punto de vista moi cómico e actual.

Galego

4 (Catro)

Veño de lonxe sobre o mar de escume e prata, do lugar onde a Lúa baila polas noites coas melfas. Na miña maleta tráiovos historias. Historias para escoitar e ulir, salgadas coma os personaxes incribles que me acompañan. O meu nome é Manuel Antonio. Son mariño. Son poeta.

Galego

A maxia está nos libros

A maxia está nos libros son números de maxia sorprendentes e variados relacionados sempre co mundo da lectura. Nesta sesión de entretemento trátase de interaccionar cos rapaces para que entendan a lectura como unha experiencia máxica e chea de ilusión na que a variña máxica do humor non pode faltar.

Para nenos de entre 4 e 11 anos.

Galego

Pobre poesía

Pobre Poesía de Xoán Curiel é un novo espectáculo, xestado ao longo de anos poñendo música a poesías de autores galegos (e puntualmente de autores italianos, brasileiros e portugueses).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito