Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Zapatos

Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contar. Zapatos narra todas as historias, que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Galego

Lobo Bobo

Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
 
Un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para escoitar as súas historias.

Galego

Como axudo a Antón?

Contacontos sobre o bullying que se desenvolve en dúas partes: unha primeira onde contamos a historia e unha segunda un pequeno debate sobre o tema, na que os nenos califican o comportamento das personaxes do conto cunhas tarxetas vermellas ou verdes que lles entregamos, e entre todos intentamos corrixir os feitos que non nos gustan.

Galego

Contos, cores e rock 'n' roll

Contos, cores e rock´n´roll chega da man de Paco Cerdeira como un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos, e as cores e debuxos de Laura Romero, quen o acompaña nesta actividade, son o principal atractivo para o público infantil e familiar. Está baseada no librocd de Pakolas: Cancións para rockear, para soñar e tamén sobre todo, para aprender.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito