N.E.O
Desde Galicia prodúcese un dos regresos máis esperados dos últimos anos: O mestre da guitarra Alberto Cereijo e o seu compañeiro nos Suaves, o batería Tino Mouteira, volven contar co baixista Diego P. Castro, incorporando como novidade ao cantante galego Pedro Regueira.
Este novo proxecto levará por nome N.E.O e o seu primeiro traballo discográfico será editado en xaneiro de 2019, baixo o título “ N.E.O - Obxecto próximo á Terra".