Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

De Vacas Tour Vacanal

Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Disfrutan riba do escenario para que vós  disfrutedes.  Mistura de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos. Veñen de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos. Grandes festivais, sesións vermut ou verbenas. Encheron prazas e teatros. Gañaron premios, fixeron galas, bandas sonoras para programas de radio e televisión e músicas para anuncios publicitarios.

Galego

TanDuB ao vivo

TanDuB é un proxecto que fusiona a música tradicional Gnawa (Norte de Marrocos, Tánxer) con outros xéneros como el reggae, o drum&bass ou a electrónica. Mesturando instrumentos clásicos dunha banda, a electrónica e instrumentos tradicionais marroquinos como o hajhouj ou as carcabas, acadan un son que non deja indiferente a ninguén.

O proxecto musical compleméntase durante os concertos con unha pintura en directo a cargo dun dos cantantes.

 

Galego

Aló Django e Handle With Swing

Handle with Swing  é un trío de swing- jazz feito a man nado no 2018 en Santiago de Compostela.

HWS ofrece degustar musicalmente un menú de moito swing con guarnición crooner, maridado con viños bluseiros e doces de bo rollo. Todo cociñado con músicas a medio tempo e luz a medio gas. Esperamos que goces tanto coa nosa música como o facemos nós sobre o escenario.

HWS somos:

Manuel Gómez........piano

Tomás Porteiro........guitarra

Xabier Mera.............voz

Galego

Ataque Escampe

Coa súa facilidade para a melodía, as súas texturas imposibles e o seu espírito agridoce, Ataque Escampe é unha banda con dúas guitarras que non fai rock de guitarras; unha banda con alma electrónica que executa en rigoroso directo todos os seus cacharros; unha banda divertida pero tenra e vulnerable; unha banda, en fin, que ao cantar sobre a súa vida canta sobre todas as vidas: un auténtico ovni no panorama musical galego do século XXI. 

Galego

Un PAR de DOUS

Sorpresas a dúo dende outra dimensión 

A arte da transformación da realidade contada dun xeito moi directo:

un par son dous, un par de dous son catro e, sucesivamente, até o infindo ou máis aló de Ribadeo chegaremos co combustible das gargalladas. 

A Maga Fani e Martín Camiña Ilusionista multiplicados por dous, dispostos a ofrecer unhas moreas de ilusións, humor e colaboración d@s presentes, nun espectáculo co dobre de sorrisos.

Galego

Tor+Ángel Ruíz, Pancho Álvarez. Xira presentación

O repertorio do grupo componse de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega.

A principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente (Cástor e Félix Castro), e os seus fondos documentais e sonoros, centrados sobre todo na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.

Galego

Mad Martin Trío

 Sabela King (Sabela King & The Heartbreakers, The Lákazans) & Mad Martin (Mad Martin trio) xúntanse para facerlle unha homenaxe a Johnny Cash & June Carter e repasar temas dos seus repertorios propios.

A banda formouse no Nadal do ano 2017, ademáis de Sabela e Martin, a formación está composta por outros tres músicos, na batería Fran Trilli (The Lakazans, Cachas & Cousins, Mad Martin trío), no contrabaixo Borja García (Raiba, The Midnight Boozers) e Ramón Figueira “ Figui “ (The Lakazans, The Fabulous Resaca Brothers) na armónica.

Galego

The Midnight Boozers en concerto

The Midnight Boozers é nova banda  formada no 2019 por encargo, é a banda residente no Riquela Club de Compostela.

Formada por Martín Esturao na guitarra e voces, Lolo Somoza na batería e coros e Borja García no contrabaixo e coros.

O repertorio e un tanto ecléptico, dende as baladas Country, pasando por psychobilly, o swing ou o rock &roll máis tradicional.

A acollida da banda está sendo moi positiva e pronto terá un rexistro sonoro, en breve pasaremos polo estudio para grabar o que será o noso 1º traballo como The Midnaight Boozers.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo