Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Maraya Zydeco

Maraya Zydeco é das poucas bandas europeas que traballan o xénero do Zydeco, Cajun, etc... Segue a provocar gran espectación escoitar un acordeón interpretando esas músicas posto que na escena galega este instrumento está lóxicamente moi vinculado ao tradicional.

Galego

The Spoonfuls

Blues e soul froito da unión de músicos dalgunhas das mellores bandas galegas do xénero: Javi Gradín á guitarra, harmónica e voz, Lucas Ferrández á batería, Fon Botana ao baixo, Álex Salgueiro ao piano hammond e David “Tato” Vázquez á guitarra. Xuntos fan música vibrante e poderosa, nun sabio repaso por grandes temas do blues. 

Galego

The Blues Moonshiners

The Blues Moonshiners é un trio de blues que se xesta en 2018 e no que se mesturan o blues rural, o country-blues e a música folk de raíz afroamericana dos 30, 40 e 50. Proxecto formado polo guitarrista e cantante Jay Doe acompañado do armonicista Ramón Figueira e o percusionista Fran Rilli. A súa música defínese como blues envellecido de destilación ilegal, de aí o seu nome Moonshiners que fai referencia aos destiladores de whisky ilegal na América profunda.

Galego

Sanny

Sanny é unha cantautora viguesa que acompañada pola súa guitarra e harmónica, percorreu xa escenarios de distintos puntos da xeografía nacional, así como Portugal, Inglaterra e Italia. As súas influencias veñen principalmente de artistas de folk e rock norteamericano como Bob Dylan, Joan Báez, ou Neil Young entre outrxs, de quenes aprende a importancia e responsabilidade de empregar a música como ferramenta social. Tamén teñen nela unha gran influencia compositoras indie contemporáneas como Phoebe Bridgers, Sharon van Etten ou Angie McMahon.

 

Galego

Manu Gómez New Orleans Band & Paula Martins

Esta nova banda, formada por voz, guitarra acústica, contrabaixo e batería, revisa co seu estilo persoal os clásicos de swing dos anos 20 a 40. Tres son as claves desta formación: a voz de Paula Martins, no estilo das lendarias cantantes de jazz como Billie Holliday, o estilo New Orleans, que o guitarrista Manu mistura co do seu ídolo, Django Reindhart, e o SWING, que fai que a música de Manu New Orleans Band, ademáis de para escoitar, sexa sobre de todo para bailar.

Galego

A pelo

Con A pelo (banda tributo) mergullámonos no universo de Platero y tú, revivindo a emoción e a enerxía das súas actuacións lendarias. Cada acorde, cada riff e cada letra transpórtanos a través do tempo, lembrándonos por que estas cancións son eternas. Desde os momentos de euforia ata as baladas melancólicas, A pelo captura a esencia mesma do espírito do rock español, celebrando a autenticidade e a paixón que definiron a Platero y tú como unha das bandas máis queridas da súa época.

Galego

Jay Doe & The Blues Preachers

Jay Doe & The Blues Preachers fan música de raíz afroamericana baseada no blues clásico. A banda está liderada por Javier Casal, que tras o seu paso por distintas formacións, en 2015, xa en solitario, deixa escapar o seu 'alter ego' máis bluseiro co nome de Jay Doe. Versións de Robert Johnson, Jimmy Reed, Brownie McGhee, Muddy Waters, Big Bill Broonzy, Elmor James, combinándoas con temas máis populares de Clapton ou os Stones e facendo algunha incursión en temas de películas moi coñecidas sempre en torno ao blues, rythm and blues, country e escarceos co swing e jazz.

Galego

Stormy Trucks

Stormy Trucks tocan rocknroll; puro son e diversión. Sen trucos, á vella usanza dos tríos deste estilo, combinando cancións propias con revisións dos clásicos. Nos seus concertos presentan o seu último traballo, Dark Lady (Struck By Lightning, 2024), que inclúe cinco temas orixinais e dúas versións absolutamente persoais de clásicos, e onde aplican un xiro máis á súa forma de concibir o rock and roll con frescura inxectada aos sons clásicos, composicións impecables e todo envolto no potente son que xa se converteu no seu selo.

Galego

Ukestra do medio

A Ukestra do medio é unha proposta orixinal e chea de frescura que alberga influencias de rock’nroll, country, swing, pop e surf. Ademais das voces, o caixón e os distintos tipos de ukeleles: sopranos, tenores, barítonos e baixos, incorporan a pandeireta, a táboa de lavar, o güiro, o xilófono, o oviño shaker, o vibraslap ou a cuica. Un compendio de instrumentos miúdos a través dos cales marcan o ritmo de pequenas historias sobre o amor, as expectativas truncadas ou os tempos pasados. Letras graves, ás veces, que contrastan coa frescura do son dos ukeleles.

Galego

Marcos Mella

O cantautor ferrolán Marcos Mella sóbese ao escenario acompañado polo pianista Fran Rey para interpretar os temas do seu novo disco 300 Meses. Despois de pasar por formacións como Texarkana ou El Último Gato, banda que o levou a compartir escenario con grandes do pop español como Los Secretos, La Unión ou Amaral, inicia a súa carreira en solitario, gravando varios traballos nos que contou coa colaboración de artistas como Cristina Pato, Presuntos Implicados, María Toledo, ou José María Guzmán e coincidiu sobre o palco con autores como Antonio Vega, Tontxu ou Mikel Eretxun.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo