Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

PROTO (SN1806)

PROTO (SN1806) toma como punto de partida o fenómeno das supernovas. E se nos xuntamos e deixámonos morrer e estourar e ver despois que outros imaxinarios aparecen? Interésannos e interpelan estas experiencias de calor, explosión, visibilidade das diferentes capas que nos compoñen, luminosidade, morte, enriquecemento do espazo e formación de novos sistemas. Como estourar xuntas e xerar novos escenarios máis colectivos, máis luminosos e menos catastróficos? Experimentar este “último hurra” xuntas e crear novas formas de estar en comunidade. Unha viaxe desde o terreal todo o máis astral.

Galego

Onde pousa a humidade

Un solo que afonda na espera e na relación do corpo co tempo pasado e presente. A inspiración vén dos naufraxios na Costa da Morte. “Unha homenaxe ás mulleres, as que sempre agardan a que o océano lles devolva, polo menos, os restos de ósos dos seus parentes. Mentres, o sal cuartea as mans que tecen, rede a rede, o que as mantén en terra".

Galego

Guadi Galego - Síntese Horizonte

"Será pola roibén que aínda me sinto a salvo" (Antía Otero)

Vou atravesando etapas, dando paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida vivida existiu e persiste en min.

O meu son muda ao longo do traxecto ,como muda o concepto de horizonte ao longo da historia. 

O horizonte foi límite, equilibrio entre o aquí e o máis alá, realidade , ensoñación, espiritualidade, utopía…

Galego

O que hai que ver

O QUE HAI QUE VER, un espectaculo na liña da compañia que nos mostra unha serie de historias nas que o espectador se sente protagonista e participe directo. Todo contado cun humor rebordante que fai que a xente saia do teatro satisfeita, feliz e con ganas de voltar.

Galego

Od(i)osa

Od(i)osa é unha obra da compañía Proxecto Morriña, un grupo de seis novos galegas comprometidas coa situación social na que vivimos e sen medo a darlle voz ás historias e mensaxes que sintamos que necesitamos contar. Por esta mesma razón nace este teatro-danza. Queremos rescatar da memoria galega, do ano 1989, a folga que ocorreu na empresa Odosa, unha loita que as propias traballadoras, sen apoios de ninguén máis, emprenderon para reclamar os seus dereitos laborais.

Galego

Silforiña (dúo)

Silforiña é o novo espectáculo de Golfiños, un concerto agarimoso e cheo de emocións que combina a música e a narración. A historia de Silforiña é a historia dunha nena que mira a vida a través da súa fiestra. Dende a súa casa, Silforiña, soña coa vida e imaxina a cantidade de emocións e historias que pode atopar fóra:  unha viaxe en barco, mergullar na bágoa dun poema, asustarse co ouvido dun lobo ou mexerse no luar dunha noite máxica. Serán as cantigas dos Golfiños as que axuden a Silforiña a perder o medo e facer o seu propio camiño?

Galego

ASTAROT EN CONCERTO

Do espectáculo 'Astarot, a lenda viva do rock galego' está cheo de forza e música vibrante, co seu peculiar estilo de rock, que fusionan coa música celta. O repertorio repasa as cancións clásicas galegas que se inclúen nas últimas gravacións: Dónde se hospeda el pasado (1990), Respirando (1994), Apuesta y Gana (1996), Astarot, Xacobeo´99 (1999), O Sentir dunha Terra (2000), Longa Noite de Pedra (2005), Séptimo Pecado (2013), Una vida en un segundo (2017) y Baixo a la Luz de Breogán (2022).

Galego

Anöa VERSIÓN FORMATO TRÍO | Elvi Balboa

Anöa contémplase como un ritual que ten a vontade de mostrar a máscara que nos impoñemos, a vulnerabilidade de cinco corpos en movemento que anhelan chegar ao clímax. Un espectáculo de danza pensado como un acto de insistencia e resistencia, unha acumulación de enerxía sensual, movemento e voz para lograr unha liberación catártica.

 

Autoría e dirección: Elvi Balboa

Iluminación: Andrés Galián

Son e música: Mourae

Vestiario: Elvi Balboa

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios