Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Nina Ninette

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestíon é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Será quen de conseguilo?

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

Galego

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena

Pakolas e Laura preséntanos o seu último librodisco, “Ramona Órbita, a dona do tempo”, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020). Neste novo traballo contaremos e cantaremos, e debuxaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento.Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Galego

The show moscón

“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordiño. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior.

Galego

Tilintilonia

Presentamos un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións.

Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por Tilín e Tilón, cada unha co seu son. Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o aire e a auga se converten en elementos de xogo. 

Visualmente entramos nun mundo de ensoñación grazas as teas , e ao que estas suxiren,  son teas que voan e forman parte do vento, ondulan como a auga, queiman coma o lume e nos acubillan coma a terra. 

Galego

Crisálida

“Crisálida” é o espectáculo número 25 de Caramuxo teatro, co que cumprimos 20 anos de traxectoria. Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias.

“Crisálida é un espectáculo que quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. A importancia da existencia de eses espazos que crean comunidade.

Galego

O que non se ve

"O que non se ve" representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Unha mestura de danza tradicional e comtemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país. Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. Aportamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual.

Galego

Teatro dos vieiros

Xoán Curiel e Charo Pita representan aos traballadores dun teatro. Os espectadores que os acompañan desde as butacas esperan asistir a unha obra. Máis a aparición dun furacán no camiño fae que o actor e actriz que debían protagonizar dita obra non den chegado a tempo! A voz en off que presenta o espectáculo, suxire que os dous traballadores do teatro, boten man do seu inxenio e improvisen o espectáculo para tranquilizar ao público. 

Galego

Búho

Pablo, un antropólogo forense especializado en xacementos paleolíticos sofre un ictus que lle provoca unha amnesia severa. Asistimos a unha procura interior pola súa memoria para recuperar os seus recordos, en definitiva, a súa identidade.

Galego

Hamelin

“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios