Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Molto Barroco

Píscore Teatro ofrece a posibilidade de disfrutar, desde o teatro, da música da época barroca, nunproxecto teatral que vén asentado sobre o ton cómico, apartado do academicismo, que inundará todo o espectáculo.

Galego

A bailar!

Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo,  moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.

Galego

Os Ourizos, o musical

«Os Ourizos, o musical» é unha obra de teatro musical de monicreques (bocones, de pau e de guante) dirixida a un público familiar e infantil.

A obra trata temas de inclusión, integración, amizade e compañerismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, aos seus paisaxes e ao ecoloxismo. A música, composta especialmente para o espectáculo, inclúe temas de rock, pop e rap, achegando así á rapazada diferentes xeneros musicais.

Unha historia que fala de como a amizade pode axudar a superar os obstáculos da vida.

Galego

Rock and magic

ROCK & MAGIC é o resultado de 30 anos de maxia e Rock & Roll. Un  novo espectáculo que mestura as dúas principais paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia.  Era cuestión de tempo unilas e sumar ao noso repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.

Un espectáculo con música interpretada en directo: hits, temazos e verdadeiros incunables que os maiores levamos gravados a lume na nosa memoria e temos que dar a coñecer ás nosas crianzas.

Galego

Máis saaaabor!

Logo de 200 funcións con Saaabor! chega unha nova proposta cómica dirixida por Avelino González e protagonizada por Félix Rodríguez e Fran Rei sobre o mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público.  A nova cociña mundial abre o seu novo establecemento na vosa localiidade e ides ter que probalo!

Galego

The show moscón

“The Show Moscón ” é un circo “varieté” itinerante, presentado por un Moscón gordo e rollizo. Un circo marabilloso, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os distintos números que hai no seu interior.

Galego

Crunch 2!

Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. 

Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda floxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes. 

Galego

Contos para caghar patatillas

Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo.

Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.

Galego

Peor imposible

Espectáculo de Peter Punk. Un traballo unipersoal deste recoñecido pallaso galego, no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que se deu a coñecer. E onde da mostra da súa veterania e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.  

Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Na súa nova aventura, non lle queda outra que afrontar o seu fracaso. Pero está disposto a todo pola risa do público.

Galego

Vicki e a felicidade

Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar, vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día, despois dunha conversa coa súa avoa, emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverlle a alegría á xente da aldea. Unha viaxe chea de personaxes curiosos, de humor, maxia e música onde a importancia da empatía, da igualdade e dos cuidados está no centro da historia, xa que, xustamente todo isto, é o que consegue mellorar as nosas vidas e a das persoas que nos rodean.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios