Evento: Mil maxias máis 4.0

Mil maxias máis 4.0
sábado, 10 agosto, 2024 - 13:00
Praza de España,
Quiroga

Mil maxias máis 4.0

Espectáculo de maxia

A maxia en esencia é un xogo e con ela podemos facer que as palabras aparezan, desaparezan, se transformen ou mesmo leviten diante dos nosos propios ollos. Nesta proposta máxico-teatral non faremos trucos de mans, non desviaremos a atención, non faremos aparecer coellos. Faremos maxia  da boa a partir das nosas palabras, da nosa historia, do noso patrimonio cultural material e inmaterial.

Mil maxias máis é un espectáculo de maxia  dirixido ao público familiar para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que os espectadores lembren a importancia que ten a palabra en galego. Os espectadores verán aparecer por arte de maxia e con todo o seu valor simbólico: landras, amorodos, lóstregos, bolboretas e moitas, moitas vasoiras para que todos e todas poidamos voar coa maxia do mago Antón e a da nosa lingua.

O continente deste espectáculo é un teatro sobre rodas: o magomóbil.  Trátase dun vehículo expresamente deseñado para a presentación de espectáculos de maxia de cerca e de salón.Conta con grupo electróxeno propio de 40 caveas, aire acondicionado, son, canón de luz, pantalla de proxección, proxector e outros dispositivos técnicos que o converten nun espazo idóneo para este tipo de iniciativa cultural.Este vehículo, de 13 metros de longo, ten unha capacidade para 70 espectadores por función e faranse  4 funcións  de 50 minutos para completar un aforo de 280 espectadores.

Entrar no magomóbil para presenciar Mil maxias máis será como abrir un libro de marabillas, entrar nun mundo fascinante onde todo xira arredor da maxia da palabra. Mil maxias para mil primaveras.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Enredos, abraios e vocábulos do país
15 de agosto, 18:00
Praza do Concello - Trabada - Lugo
Festicultura, o millor para perde-la cordura
15 de agosto, 20:30
Rúas da vila - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Magig Space
15 de agosto, 22:00
Praza dos Barcos - Sanxenxo - Pontevedra
Unha noite no muíño
16 de agosto, 11:00
CEIP Pío Cabanillas Gallas - Dozón - Pontevedra