Evento: Da semente á árbore. Un ben para a nosa vida | Intervención paisaxística nas Torres Hejduk

Da semente á árbore. Un ben para a nosa vida | Intervención paisaxística nas Torres Hejduk
venres, 22 marzo, 2024 a domingo, 4 agosto, 2024
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Da semente á árbore. Un ben para a nosa vida | Intervención paisaxística nas Torres Hejduk

*/Da semente á árbore. Un ben para  a nosa vida /*conecta coa idea orixinal para a que foron deseñadas as Torres Hejduk, pensadas como torres botánicas. Deste xeito, os espazos utilízanse a modo de invernadoiro...

Da semente á árbore. Un ben para  a nosa vida conecta coa idea orixinal para a que foron deseñadas as Torres Hejduk, pensadas como torres botánicas. Deste xeito, os espazos utilízanse a modo de invernadoiro, onde se recrean dous tipos de bosques galegos — atlántico e mediterráneo —, e como aula, onde se expoñen froitos, sementes e produtos finais obtidos da árbore.
A intervención pretende destacar a importancia dos bosques e do monte e a súa multifuncionalidade. Ecoloxicamente, os bosques caracterízanse pola dominancia dun estrato formado por árbores, elemento principal deste ecosistema onde conviven unha gran diversidade de especies animais e vexetais. As árbores tamén conforman o monte con outras especies arbustivas, de matogueira e herbáceas.
A experiencia convídanos a mergullarnos no ciclo forestal que vai dende a semente aos beneficios finais das árbores para a nosa vida: contribución á mitigación do cambio climático, protección do chan, conservación dos recursos hídricos ou fonte de recursos naturais e materias primas, ademais dunha función paisaxística, social, cultural e de lecer.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga