Evento: Cartoóns

Cartoóns
sábado, 10 agosto, 2024 - 19:30
Carballeira de Ribadumia,
Ribadumia

Cartoóns

Espectáculo de Teatro a cargo de Producións Teatráis Excéntricas

Dous tipos abandonados nas marxes.

Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala. Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da sua patria, para instalarse nas comfortables valados que lles poñemos na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo. Ou, para non viaxar tanto, poden ser marxinais que viven na marxe da nosa sociedade e conveten en luxo o noso lixo.

 

Todo isto parece un drama, mais non é. Se o contase un circunspecto xornalista de investigación, sería sen dúvida, motivo para o pranto. Mais os que penetran e esculcan neses mundos son dous clowns. A ollada inocente dos pallasos fannos ver as cousas diferentes aos medios de comunicación, e cando o candor do clown se atopa coa inocencia da infancia (a primeira, a auténtica)  entre as duas crean mundos que antes non existian. As crianzas ven o mundo como non o voltarán a velo e os adultos que os acompañen poderán descubrir algo novo tamén.

Os clowns, que teñen algo de dibuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de carsón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo  diariamente.

O cartón serviralles para construir casas, tuberias do gas,cortinas das xanelas, revisteiro, rolo de papel hixiénico, bandeixas, edredons, motos, parasol de praia, catalonxe, skis, ponchos, avions ,emparrados... en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca.

As escenas descritas, estimulan no auditorio infantil o impulso lúdico,a capacidade mimética, a plasticidade imaxinativa e a criatividade orientada. Tamén é un veículo este espectáculo, de valores, como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia.

A arte poética de convertir o refugallo en bens de uso, tamén icide nas tres famosas "R"s do ecoloxismo: reducir, reutilizar, reciclar.

 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Son animal
14 de agosto, 12:00
Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio - Ribas de Sil - Lugo
A historia de Martín
14 de agosto, 20:00
Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio - Ribas de Sil - Lugo
Peque disco Moc Moc
14 de agosto, 20:00
Paseo do Malecón - Sarria - Lugo
Rock and magic
14 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Fisterra - A Coruña