Evento: Universo entre cancións

Universo entre cancións
venres, 28 xuño, 2024 - 19:30
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5,
Santiago de Compostela

Universo entre cancións

/Universo entre canción/s é un espectáculo que fusiona arte e ciencia. Máis especificamente, no espectáculo entretécese un conxunto de narracións sobre o cosmos (o seu nacemento, o ceo nocturno, os astros que o...

Universo entre cancións é un espectáculo que fusiona arte e ciencia. Máis especificamente, no espectáculo entretécese un conxunto de narracións sobre o cosmos (o seu nacemento, o ceo nocturno, os astros que o habitan, o noso lugar no universo…) con cancións propias que o celebran.
Este proxecto xurdiu da necesidade de imprimirlles a nosa propia identidade musical aos temas de divulgación científica para darlles unha cor con matices enraizados na nosa historia e cultura. O cosmos da ciencia é o mesmo para calquera persoa que habite o planeta, pero a forma de nomealo, de narralo e de cantalo é singular de cada cultura. Este espectáculo é a nosa maneira de nos parar fronte á inmensidade do ceo.
O espectáculo foi concibido hai cinco anos e representouse en escenarios de Buenos Aires, Córdoba, La Plata, Pergamino, Posadas, Rosario, San Juan, Traslasierra e Villa Carlos Paz. A composición das cancións foi financiada por un proxecto do Fondo Nacional das Artes do Goberno arxentino.
 del gobierno argentino.

Máis eventos de tipo Concerto

III Tradi-Fest USC
20 de xuño a 20 de xullo
Rúa do Franco
María Faltri. Picadiscos
1 de xullo
CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
María Faltri. Picadiscos
1 de xullo
Praza da Constitución