Evento: DESENTERRANDO VITRINAS

  • desenterrando_vitrinas_mostravirtual
DESENTERRANDO VITRINAS
venres, 14 xuño, 2024 a martes, 31 decembro, 2024
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

DESENTERRANDO VITRINAS

MOSTRA VIRTUAL: Ruta arqueolóxica polo Museo das Peregrinacións e de Santiago

O Museo das Peregrinacions e de Santiago acolleu este ano as Xornadas Europeas de Arqueoloxía 2024. Con tal motivo o museo preparou unha nova mostra virtual: «Desenterrando vitrinas. Ruta arqueolóxica polo Museo das Peregrinacións e de Santiago».

Esta mostra nace co obxectivo de resaltar o patrimonio arqueolóxico exposto no Museo das Peregrinacións e de Santiago que en ocasións, pola súa modesta natureza, pode pasar desapercibido. Con este itinerario poderás gozar dunha importante selección de fondos accesibles ao público na sede expositiva de Praterías.

A exposición virtual segue o discurso expositivo marcado polo museo, pero nesta ocasión, facendo especial fincapé nos contextos culturais das diversas etapas históricas galegas e das expresións culturais derivadas delas. O percorrido comeza na planta baixa do museo, continuando progresivamente ata chegar ao segundo andar.

DESENTERRANDO VITRINAS

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga
Salto cuántico
1 de abril a 2 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea