Evento: Real Filharmonía de Galicia-Cineuropa

Real Filharmonía de Galicia-Cineuropa
xoves, 21 novembro, 2024 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia-Cineuropa

A cita anual de Cineuropa coa Real Filharmonía de Galicia vén este ano da man de /Steamboat Bill Jr./ (en galego traducida como /O heroe do río/), o filme que en 1928 dirixiron Charles Reisner e Buster Keaton, ...

A cita anual de Cineuropa coa Real Filharmonía de Galicia vén este ano da man de Steamboat Bill Jr. (en galego traducida como O heroe do río), o filme que en 1928 dirixiron Charles Reisner e Buster Keaton, quen tamén a protagonizou. Para esta comedia muda, o director e compositor Timothy Brock escribiu, en 2003, unha banda sonora na que pasea pola ironía, a dozura e a extravagancia da película, a través dun traballo orquestral cheo de matices. Como o propio compositor manifesta, compoñer música para Keaton demanda pensar moito na relación narrativa entre a escena e a música, en termos de sincronía e cores musicais, pero demanda tamén saber rir… como lle aconteceu a Shostakovich, gran compositor para cinema, en 1926 cando, acompañando ao piano unha película de Chaplin, non puido sufocar unha sonora gargallada, gañando o seu despido fulminante.
Timothy Brock, director
Steamboat Bill, Jr. (O heroe do río)Directores do filme: Buster Keaton e Charles Reisner (EUA, 1928)Música: Timothy Brock (2003)
 

Máis eventos de tipo Concerto

Marky Ramone
18 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Don Osvaldo
19 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5