Evento: Instrumentos de Visión

Instrumentos de Visión
venres, 21 xuño, 2024 a mércores, 28 agosto, 2024
Praza da Universidade,
Santiago de Compostela

Instrumentos de Visión

é unha exposición de Armin Linke, organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e Arts at CERN, o programa de arte contemporánea da Organización Europea para a Investigación Nuclear. O p...

Instrumentos de Visión é unha exposición de Armin Linke, organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e Arts at CERN, o programa de arte contemporánea da Organización Europea para a Investigación Nuclear. O proxecto está comisariado por Mónica Bello (Santiago de Compostela, 1973), directora de Arts at CERN.
Esta mostra compila os máis de 20 anos de traballo do fotógrafo e cineasta Armin Linke (Milán, 1966), nos que percorreu grandes infraestruturas experimentais como o CERN, o Laboratori Nazionali di Gran Sasso (L’Aquila, Italia), ou o Institute for Quantum Optics and Quantum Information (IQOQI), de Innsbruck (Austria).
Para esta ocasión, Armin Linke realizou unha serie de obras nas que se recolle o labor científico do persoal do IGFAE, presente nalgunha das máis importantes colaboracións científicas internacionais en física de partículas, como o experimento LHCb do CERN.
A exposición conmemora, neste 2024, o 25º aniversario do IGFAE e os 70 anos da fundación do CERN.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga