Evento: A Real Carta Executoria de fidalguía da familia Meruéndano

A Real Carta Executoria de fidalguía da familia Meruéndano
luns, 15 xullo, 2024 a martes, 17 setembro, 2024
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

A Real Carta Executoria de fidalguía da familia Meruéndano

Continúa o proxecto “Ben[s]vidos”, co que amosar pezas que chegan ao almacén

Unha das partes máis importantes do museo é tamén unha das máis descoñecidas: os almacéns. Neles consérvase a colección do Museo Etnolóxico, unha colección en continuo crecemento e cunha grande variedade de pezas. A natureza propia do museo non permite expor nas salas todo o patrimonio que pasa a formar parte da colección, ben por espazo, tempo ou discurso expositivo. É por iso que naceu “BEN(S)VIDOS”, un proxecto expositivo no que se lle da lugar a pezas que pasan a formar parte da colección e que esperaban ser expostas nas salas do museo. Nesta ocasión o proxecto segue a avanzar coa exposición da Executoria de fidalguía da familia Meruéndano.

Pertence ao Fondo Meruéndano e os documentalistas foron Josué Fernández Guerra e Carlota Barrenetxea García-Rodeja.
O MER custodia en depósito este documento expedido pola Chancelaría de Valladolid no ano 1651, que contén o preito e sentenza pola cal se recoñece a condición de fidalguía da familia Meruéndano.
O procedemento xurídico materialízase nun documento de 120 páxinas de pergameo encadernado con cuberta de pel con borduras en dourado. A peza complétase con selo cosido de chumbo coa imaxe de Felipe IV e, no reverso, o escudo da coroa real.
A exposición complétase coa mostra de probas de filiación posteriores á Carta, a través das cales a familia procurou manter a condición de fidalguía que lle fora recoñecida no preito de 1651.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga