Evento: A dança da lua

A dança da lua
martes, 3 decembro, 2024 a luns, 30 decembro, 2024
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A dança da lua

Exposición fotográfica organizada por Sergio Jacques

Cedemos o espazo para realizar esta exposición fotográfica organizada por Sergio Jacques como homenaxe ao escritor portugués Urbano Tavares no centenario do seu nacemento. 

A Dança da Lua é unha exposición centrada na primeira obra publicada (1949) do escritor Urbano Tavares Rodrigues: “Santiago de Compostela (Quadros e Sugestões da Galiza)”, libro que reúne un conxunto de crónicas publicadas no “Diário de Notícias ” o ano anterior (1948). Estas crónicas son o motivo do traballo do fotógrafo Sérgio Jacques, presente nesta exposición, quen mestura fotografías da cidade con frases e extractos do libro de Urbano Tavares Rodrigues para renderlle homenaxe.

No verán de 1948, Urbano asistiu a un Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela o que lle permitiu escribir unha serie de crónicas como reporteiro do “Diário de Notícias”

O escritor galego Carlos Quiroga conta no epílogo do libro de fotografía de Sérgio Jacques “Santiago de Compostela”, publicado con motivo desta exposición, que “En 1948, mentres remataba os seus estudos na Facultade de Letras (en 1942 matriculouse por primeira vez en Dereito, pasando ás Letras en 1944), Urbano entrou como reporteiro ao Diário de Notícias. Será por encargo deste xornal que chegou inmediatamente a Santiago, e tamén será a Compañía Nacional de Publicidade, co logotipo da Editorial Notícias, a que ao ano seguinte publicou as crónicas en forma de libro. E mandar a Santiago durante as vacacións un rapaz sen experiencia pero moi capaz tiña un motivo xustificado. Foi necesario cubrir o Ano Xubilar compostelán de 1948, sobre todo porque estaría presente o ditador do outro lado da Raia. Francisco Franco restaurara o invento do descubrimento do Apóstolo en 1937, que denominou Primeiro Ano Santo Triunfal, estendendo a gloria do santo a Patrón de toda España e facendo persoalmente a Ofrenda cando foi posible. E nesta ocasión sería”.

Do 3 ao 30 de decembro no vestíbulo. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Salto cuántico
1 de abril a 2 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Outras historias posibles
28 de maio a 26 de xaneiro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Unha vida viquinga
12 de xullo a 5 de xaneiro
Cidade da Cultura