Evento: Obradoiro de Entroido
Obradoiro de Entroido
PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.
Achégase unha das festas máis divertidas do ano, pero ¿qué celebramos no Entroido?
Neste obradoiro coñeceremos a súa orixe e cada participante realizará a súa propia manualidade, empregando diferentes tipos de materiais, texturas e cores, de modo que poidan expresar a súa alegría neste período de diversión.
Público infantil de 6 a 12 anos
Espazo de obradoiros da Biblioteca
Duración: 60 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 19 de febreiro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede a través de correo electrónico uns días antes da actividade.