Evento: Un deus salvaxe

Un deus salvaxe
xoves, 27 marzo, 2025 a venres, 28 marzo, 2025
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Un deus salvaxe

/Un deus salvaxe/ é puro guión, puro diálogo e pura interpretación. Obra de Talía Teatro.

Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Beizos inchados e dous dentes rotos…. Os pais da «vítima» convidan os pais do «matón» á súa casa para resolver o conflito. O que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais, adquire unha tinguidura máis violenta a medida que os pais van revelando as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais. 
A situación descontrólase de tal modo que ninguén está a salvo de recibir a súa ración de ofensa persoal, e todos os intentos por acougar os ánimos e instaurar a paz acaban fracasando. Cadaquén ten a súa propia opinión sobre como canalizar o conflito que afecta os seus fillos (dende como definir a agresión até como castigar o agresor, pasando por ver quen ten maior ou menor culpa), e de aí xorden outros temas nos que, por suposto, non logran poñerse de acordo.
A obra saca todo o lixo que estes catro individuos acumularon ao longo da súa vida en relación á educación que recibiron, á posición social que ostentan, á súa profesión, ... e amósanos a súa cara oculta. Un deus salvaxe é puro guión, puro diálogo e pura interpretación. 

Texto orixinal: Yasmina RezaVersión e dirección: Artur TrilloElenco: Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez e Toño CasaisEscenografía: Dani TrilloIluminación: Dani TrilloVestiario e maquillaxe: Martina CambeiroMúsica orixinal: Manu AbraldesProdución: Auri Ferreiro e Artur Trillo
Idade recomendada: público adultoLingua: galegoPosfunción ao remate do pase do 27 de marzo 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Chungo que te cagas
2 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Carapuchiña
5 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Supercoroza: na eira e na lareira
12 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mans
19 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal