Evento: Forever
Forever
Forever é a historia de como unha familia se vai afastando do que soñou que sería. Reflectindo con humor e ironía as contradicións do amor, pon o foco en temas como a paternidade, a educación, a discapacidade, a sobreprotección, a sexualidade ou a violencia. Sobre unha plataforma xiratoria e cunha linguaxe moi cinematográfica, Forever é un carrusel; a nora da vida. Pero tamén unha espiral que, a medida que vira, profunda na dor dos seus protagonistas. Até onde pode arrastrar a incomunicación a unha familia? Talvez o perturbador, o emocionante, é que a historia desta familia podería ser a da nosa.
Forever é unha coprodución da compañía Kulunka co Centro Dramático Nacional, o Teatro Arriaga de Bilbao e o Teatro Vitoria Eugenia de Donostia.
Dramaturxia: Iñaki Rikarte, José Dault, Garbiñe Insausti e Edu Cárcamo Dirección: Iñaki RikarteElenco: José Dault, Garbiñe Insausti e Edu Cárcamo Deseño de escenografía: Ikerne Giménez e Javier Ruiz de Alegría Deseño de Iluminación: Javier Ruiz de Alegría Deseño de vestiario: Ikerne GiménezComposición musical e espazo sonoro; Luis Miguel Cobo Deseño e construción de máscaras: Garbiñe Insausti Axudante de dirección: Alberto HuiciFotografía: Aitor MataucoConstrución de escenografía: Readest Montajes Xastería: KkumProdución executiva: Kulunka TeatroProdución: Kulunka Teatro en coprodución co Centro Dramático Nacional (CDN), Teatro Victoria Eugenia de Donosti e Teatro Arriaga de BilbaoPrensa: María DíazDistribución: Proversus
Idade recomendada: > 14 anosDuración: 105 minLingua: sen texto
Máis eventos de tipo Espectáculo