Evento: Elas sempre contan
Elas sempre contan
Ata fai non tanto, escribir, e máis publicar, eran privilexios reservados só aos homes. Por medo a ser rexeitadas ou a non ser tomadas en serio, moitas escritoras ao longo da historia víronse obrigadas a ocultar as súas verdadeiras identidades baixo un pseudónimo masculino.
Elas sempre contan, escriben, pintan, imaxinan outros mundos.
Son escritoras que loitan por construir un mundo mellor a través da palabra. É necesario facer visible o traballo das mulleres na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.
Vide coñecer relatos das miñas escritoras favoritas...
Data e hora: venres 21 de marzo ás 18.00 h.
Público destinatario: infantil, a partir de 5 anos
Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos de tipo Espectáculo