Evento: Cociñando con sentimento
Cociñando con sentimento
PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.
Un cociñeiro e a súa pinche pretenden cociñar con todo o seu sentimento, pero ás veces o sentimento desaparece e non poden cociñar.
Farán falta ingredientes, unha culler para remexer e moita paciencia para facer a comida con agarimo e amor.
A cargo de Chespir Teatro.
Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante
Lugar: Bebeteca
Duración: 30 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 9 de abril a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.
Máis eventos de tipo Espectáculo