Evento: Cicatriz
Cicatriz
Cicatriz parte do poema homónimo de Reixa, unha obra de trescentos versos que comezan coa palabra "quero", nos que o autor explora o desexo e a súa influencia na vida das persoas como panca para accionar a reflexión e o empoderamento ante os prexuízos e discriminacións por razón de idade.
A experiencia de Kirenia M. Acosta, bailarina e coreógrafa con máis de 25 anos de traxectoria internacional, únese ao debut na danza contemporánea de Antón Reixa, quen se achega por primeira vez a esta disciplina e, con 67 anos e unha discapacidade física do 65%, rompe a barreira do que se supón posible nun escenario.
A peza destaca pola súa natureza híbrida, combinando danza, teatro, performance, poesía, instalación e música, coa intención de ampliar os límites tradicionais destas disciplinas para ofrecerlle ao público unha experiencia única e inmersiva. A obra aborda temas universais como o tempus fugit, o risco, a honestidade e o compromiso coa creatividade, construíndo un lugar onde o movemento non obedece aos límites, senón á curiosidade. Unha fusión de danza e poesía que parte da idea de que algunhas cicatrices lévanse na pel, outras na memoria, no desexo do que foi ou puido ser.
FICHA ARTÍSTICA
Compañía: Kirenia Danza
Dirección e coreografía: Kirenia M. Acosta
Texto: Antón Reixa
Intérpretes: Kirenia M. Acosta e Antón Reixa
Música: Marcos Payno e Bruno Baw
Voces: Antela Cid e Alex Sande
Escenografía: Suso Mareque
Iluminación: Violeta Martínez
Imaxe gráfica: Global Blue
Produción: Fani Vázquez e Uxío Novo
Máis eventos de tipo Espectáculo