Evento: Banco de probas

Banco de probas
xoves, 3 abril, 2025 - 20:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Banco de probas

Monólogos de Xosé A. Touriñán, Pepo Suevos, Oswaldo Digón e Carlos Blanco

O laboratorio no que os cómicos preparan os seus próximos espectáculos abre as súas portas. Un espazo de experimentación con textos inéditos preparados para someterse á opinión do público antes de comezar a viaxar por todos os escenarios. O 'Banco de Probas' do Salón Teatro de Santiago recibe a Xosé A. Touriñán, Pepo Suevos, Oswaldo Digón e Carlos Blanco, entre outros cómicos galegos. 

  • Ainé Producións en colaboración co Centro Dramático Galego. Actividade asociada a A burra, a mesa e o pau. As entradas véndense separadamente, pero mantéñense os descontos habituais do Salón Teatro: Venda de entradas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Carapuchiña
5 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Supercoroza: na eira e na lareira
12 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mans
19 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal