Evento: Siro. Restrospectiva, 1970 – 2017

  • Siro. Restrospectiva, 1970 – 2017
Siro. Restrospectiva, 1970 – 2017
luns, 25 setembro, 2017 a domingo, 5 novembro, 2017
Museo Provincial de Lugo,
Lugo

Siro. Restrospectiva, 1970 – 2017

A primeira retrospectiva sobre este artista

 A retrospectiva recolle varios dos traballos de Siro. Con este proxecto preténdese dar a coñecer a evolución artística deste humorista gráfico. 

A mostra é a primeira retrospectiva que se fai deste artista. Nela amósase unha ampla escolma da súa extensa obra, mostra que se estrutura atendendo ás diferentes facetas artísticas nas que traballou: debuxo, deseño, pintura, caricatura, etc., sen esquecer a súa actividade como escritor. 

Siro López Lorenzo, nado en Ferrol en 1943, é un polifacético artista cunha actividade que abrangue a caricatura, a ilustración, a pintura e o deseño, ademais da súa faceta como escritor. De formación autodidacta (de cativo, pintar e debuxar era o que máis lle gustaba facer) dáse a coñecer, en 1970, na revista Chan. Considerado un dos herdeiros de Castelao, aínda que mantendo o seu propio estilo, Siro é sobre todo un humorista gráfico. Por iso, e ao longo de case 50 anos, soubo reflectir de forma cómica a realidade histórica, social e cultural de Galicia e de España. 

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga
Salto cuántico
1 de abril a 2 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea