Evento: Castelao maxistral
Castelao maxistral
Castelao maxistral é unha homenaxe a Castelao e aos protagonistas do ensino público no primeiro terzo do século XIX. A obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao A derradeira leición do mestre será o eixo central da exposición da Cidade da Cultura de Galicia, xunto con outras 92 pezas. O óleo foi pintado en Buenos Aires por Castelao en lembranza do seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936. Ata o de agora nunca tiña saído do Centro Galicia da capital arxentina.
A mostra supón un recoñecemento a unha figura icónica como Castelao e ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936). O proxecto expositivo tamén aborda a ruptura desta renovación pedagóxica que supuxo o estoupido da Guerra Civil, exemplificado en A derradeira leición do mestre.
Máis eventos de tipo Exposición