Evento: Os nenos da varíola
Os nenos da varíola
Os nenos da Varíola é a adaptación á escena do libro de María Solar adicado aos 22 nenos, que en 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola do vello ao novo Mundo. Sempre brazo a brazo, sen romper a cadea, formando parte dunha das fazañas médicas máis grandes da humanidade.
Os nenos da Varíola preséntase ó público familiar e escolar como un xogo escénico no que hai 22 espectadores enriba do escenario formando parte da posta en escena, simbolizando por un lado os nenos que vivían no Hospicio da Coruña, a xente do Hospital ou a tripulación do corveta María Pita; e por outro, sendo testigos privilexiados do que sucede no escenario.
As actrices Victoria Pérez e Isabel Risco e os actores Manu Fernández e Xosé Leis interpretan á ducia de personaxes que protagonizan está historia : as monxas da Casa de Expósitos, os Doutores Balmis e Posse Roybanes, os nenos do hospicio e á muller que finalmente fixo posible que esta Real Expedición Filantrópica se fixera realidade, Isabel Zendal.